Jacobo Paz Limia, nado na Coruña en 1979, é un guionista e dramaturgo galego.

Traxectoria Experto en Cine e Teatro pola Universidade da Coruña. Foi guionista de series de televisión como Pratos combinados ou As leis de Celavella, traballo polo que recibiu o Premio Mestre Mateo da Academia do Audiovisual Galego. Ten publicados dous libros individuais e máis dunha ducia de pezas teatrais en revistas especializadas. En 2008 o Centro Dramático Galego estreou Estigma, obra desenvolvida durante a súa estadía como autor residente no Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais (IGAEM). Escribiu varios documentais e curtametraxes e foi redactor dun reality show. Desenvolve formatos para televisión.

Obra Poesía Kenington (2026). A Coruña: Medulia. ISBN 979-13-88061-18-9.

Programas TV Saudade de ti Pratos combinados (1995) As leis de Celavella (2003) Atrápame se podes

Documentais O camiño primitivo: Asturias (2008) O camiño primitivo: Galicia (2008) Terra queimada (2008)

Teatro Nai (2004) Necromance (2004) Suicidio, S.A. (2005) Elevador (2005) Enfermo (2006) F2 (2006) Hefesto (2006) Portadores de luz (2007) Raíña Cadáver (2007) As horas abertas (2007) Orcavella (2007) Príncipe Lagarto (2007) Lugares inhóspitos (2008) Rutina (2008) Intimidades (2008) Estigma (2008)

Curtametraxes De putas (2002) Nocturno (2003) Produtor executivo e axudante de dirección. Amigas íntimas (2004) Guionista. Piedade (2005) Produtor executivo e axudante de dirección. Marta (2006) Script. Suicidio, S.A. (2006) Guionista. Masacre (2006) Xefe de son e guionista. Sanatorio(2006) Produtor, director e guionista. Crédito (2007) Produtor executivo. Economía de mercado (2008) Axudante de dirección.

Obras escritas publicadas Estigma (2009, Laiovento). Colectiva.

Premios Gañador do XIV Premio de Poesía Manuel López Ardeiro coa obra Kensington. 2026: XXIX Premio de Poesía Johan Carballeira, por Mariscadoras.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha no AVG

Categoría:Dramaturgos en lingua galega

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Guionistas de Galicia Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1979 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes