Markazi (استان مرکزی en Persa) é unha das 30 provincias de Irán. A verba markazi ten o significado de central en Persa.
Markazi fica no oeste do Irán, e a súa capital é Arak. Ten unha poboación duns 1.35 millóns de persoas. Os límites actuais da provincia datan dos 80, cando foi dividida nas provincias Markazi e Tehran, e partes anexionadas á provincia de Esfahan, Semnan e Zanjan.
As maiores cidades da provincia son: Saveh, Arak, Mahallat, Khomein, Delijan, Tafresh, Ashtian, e Shazand (antano coñecida como Sarband)
Historia miniatura|esquerda|A provincia de Markazi é rica en legados históricos
A provincia de Markazi foi parte do Imperio Medio no primeiro milenio despois de Cristo, o cal incluía as partes centrais e oeste do actual Irán. Numerosas ruínas arquitectónicas amosan a antigüidade da provincia.
Nos primeiros séculos do islam, o nome da área foi mudado a Jabal ou Qahestan. Comezando o século 10, Khorheh converteuse na cidade máis famosa da provincia de Jabal, seguida de Tafresh e Khomein.
Nos anos actuais, a expansión da estrada Norte-Sur (coñecida como Corredor Persa e o establecemento das industrias máis importantes axudaron o desenvolvemento da área.
Moitas celebridades da historia iraniana teñen os seus comezos nesta provincia: Mirza Abulqasem Qaem Maqam, Abbas Eqbal Ashtiani, Mirza Taqi Khan Amir Kabir, Qaem Maqam Farahani, Mahmoud Hessabi, Ayatollah Khomeini, Ayatollah Araki, e moitos outros
Xeografía e Clima Markazi ten invernos secos e fríos causados polos montes. Ten unha superficie de 29,530 km² (1.8% de Irán)
Distritos A provincia ten 10 rexións e 18 distritos.
Mapa Shahrestan Letra No Mapa Bakhsh Center 400px Arak A Central Arak k Khandab Ashtian Ash Central Ashtian Delijan D Central Delijan Komijan K Central Komijan m Milajerd Khomein Kh Central Khomein k Kamareh Mahallat M Central Mahallat Saveh S Central Saveh n Nobaran Shazand Sh Central Shazand s Sarband z Zalian Tafresh T Central Tafresh f Farahan Zarandiyeh Z Central Mamooniyeh k Kharqan Provincias Veciñas: E: Esfahan, H: Hamedan, L: Lorestan, Qm: Qom, Qz: Qazvin, T: Tehran
Escolas e Universidades Arak University of Medical Sciences Iran University of Science and Technology ,Arak Campus University of Arak Islamic Azad University of Khomein Islamic Azad University of Arak Islamic Azad University of Saveh Islamic Azad University of Farahan Islamic Azad University of Ashtian Islamic Azad University of Tafresh Tarbiat Moallem University of Arak
Ligazóns externas Official website of Markazi Governorship Foreign Commercial Centre of Markazi Province Provincial Cultural Heritage Organization Iran Chamber of Commerce, Industries & Mines
Categoría:Provincias de Irán