Roi Casal Figueira, nado en 1980 en Catoira, é un músico, cantante e compositor galego.

Traxectoria Formou parte do grupo galego Milladoiro como harpista dende 2000 até 2009. Publicou o seu primeiro álbum en solitario, Lendas Douradas, en novembro de 2008. Nel céntrase na música tradicional dende unha perspectiva pop. Son destacábeis as letras de Rosalía de Castro e de Manuel María e do propio artista en varias cancións.

En 2011 publicou Maxicamente vello, no que realiza unha interpretación da música galega dende unha visión contemporánea. Con este disco realizou unha xira de máis de 50 concertos por todo o estado español e recibiu numerosos recoñecementos, entre os que destaca o Premio Internacional Cubadisco recibido na Habana en 2014. En 2014 publicou Donos do noso destino, co que emprendeu unha xira internacional por Suíza, Uruguai, a Arxentina e Cuba. Ese mesmo ano recibiu o Premio Bo e Xeneroso por parte da Fundación Eduardo Pondal.

Tamén en 2014 varios temas da súa discografía foron seleccionados para formar parte das bandas sonoras das series da TVG Caseiros e Pazo de Familia.

En 2016 publicou Son galego, Son cubano, froito do traballo conxunto durante case 2 anos con Xosé Neira Vilas. Estreouse no Gran Teatro da Habana (antigo Palacio do Centro Galego) con 2 funcións o 27 e 28 de maio de 2016 para continuar cunha xira por Galicia. No disco, con 12 temas e outro extra, Casal puxo música ás letras de Neira Vilas. Contou coas colaboracións de Pablo Milanés e Laritza Bacallao e incluíu o documental A Illa dos Galegos, dirixido pola cineasta cubana Natasha Vázquez.

Discografía Lendas douradas (2009) Maxicamente Vello (2011) Donos no noso destino (2014) Son galego, Son cubano (2016)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas SongalegoSoncubano.com Roi Casal en Alalá, TVG, 2011.

Categoría:Músicos de Galicia Categoría:Nados en 1980 Categoría:Nados en Catoira