Eliseo Fernández Fernández, nado en Ferrol en 1967, é un historiador e bibliotecario galego.

Traxectoria Diplomado en Biblioteconomía e Documentación pola Universidade da Coruña, é membro e colaborador do Ateneu Libertário Francisco Iturralde de Ferrol e do Ateneu Libertário Ricardo Mella da Coruña. Colaborou coa Fundación Aurora Intermitente de Madrid, na clasificación dos seus fondos hemerográficos e arquivísticos, así como coa Fundación Anselmo Lorenzo de Madrid na catalogación dos seus fondos hemerográficos. Entre as súas áreas de interese están o anarquismo e anarcosindicalismo en Galiza, os anarquistas galegos na emigración e o exilio, e as bibliotecas obreiras.

Obra "O Congreso da Paz de Ferrol (1915)" en A Nosa Terra, agosto de 1998. Unha biblioteca obreira: O Centro Obrero de Cultura y Beneficencia de Ferrol (1911-1936) (con Rafael Corrales Siodor); Fundación Luis Tilve, 1999. "Achegamento ás fontes de información sobre Galicia en Internet", en "III Xornadas ANABAD Galicia" (con Rafael Corrales Siodor); Fundación Luis Tilve, 1999. José López Bouza, do anarquismo ao republicanismo. E o seu fillo o pintor José López Fernández; Ediciós do Castro. Colección Documentos, 2002. O anarquismo na Galiza (con Dionisio Pereira); Edicións Positivas, 2004. ISBN 84-87783-79-1 Obreirismo ferrolán; Edicións A Nosa Terra, 2005. O movemento libertario en Galiza (con Dionisio Pereira); Edicións A Nosa Terra, 2006. ISBN 84-8341-059-1. A fuxida do Portiño; A Nosa Terra, 2009. Con Dionísio Pereira, Emilio Grandío e Carlos Velasco. Psiquiatría, corrupción y lucha de clases. La huelga del manicomio de Conxo (1933). Piedra Papel Libros.

Categoría:Historiadores de Galicia Categoría:Anarquistas de Galicia Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Nados en 1967 Categoría:Alumnos da Universidade da Coruña