A cuadriga (en latín: quadriga, de quadri-, "catro", e jungere, "xunguir"), en tempos da Antiga Roma, era un tipo de carruaxe tirada por catro cabalos en liña. O vehículo foi utilizado polos xenerais do Imperio Romano cando entraban triunfalmente nas cidades.
Simboloxía miniatura|esquerda|A cuadriga do reverso desta moeda romana da República dálle o nome de "cuadrigato"|200x200px Esta situación deulle un carácter "vitorioso" a este tipo de carro, polo que na cultura occidental os monumentos que representan este vehículo serven para conmemorar as vitorias.
O monumento deste tipo máis famoso é a Cuadriga de Berlín (Alemaña) que coroa a Porta de Brandeburgo. Esta escultura, obra de Johann Gottfried Schadow, foi retirada de Berlín en 1806 polo exército de Napoleón I, quen a levou a Francia como trofeo. Trala caída de Napoleón, a obra foi devolta a Berlín onde permanece actualmente. A obra foi gravemente danada durante a segunda guerra mundial, polo que nos anos 1950 foi necesario fundir novamante a escultura empregando os moldes orixinais.
Dende 2003, a asociación 'Werkstatt Deutschland' (Taller Alemaña) concede en Berlín cada 3 de outubro, día daReunificación alemá, o premio 'Quadriga' a persoas destacadas pola súa «amplitude de miras, pragmatismo, compromiso e credibilidade».
Outra cuadriga famosa é a que adorna o "Arco de Triunfo do Carrusel" en París (Francia), en terreos do Museo do Louvre.300px|miniatura|Cuadriga ornamental na Porta de Brandeburgo, en Berlín, Alemaña.|centro Notas
Véxase tamén Outros artigos Carreira de carros Siegessäule Remodelación de Berlín
Ligazóns externas
Categoría:Roma antiga Categoría:Carros