A Sociedade Gastronómica, Cultural, Deportiva e Xuvenil Lar de Unta é unha asociación creada en 1999 en Betanzos.
Características
Ten como fin a promoción da gastronomía galega, a literatura galega, a música galega e o folclore etc., a través da organización de actividades diversas que contribúan ao seu obxectivo de dinamizar o barrio, a vida cultural e recreativa de toda a vila e máis a defensa da lingua galega.
Ata 2007 editou a revista O Poxigo, onde se publicaban novas relacionadas coa propia asociación e as súas actividades ademais de artigos de opinión, creación literaria, ambientalismo, tecnoloxías, literatura ou divulgación. Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web
Categoría:Asociacións culturais de Galicia Categoría:Betanzos Categoría:Betanzos sen imaxes