San Paio de Abades é unha parroquia do concello de Baltar na comarca da Limia, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 205 habitantes (110 homes e 105 mulleres), 32 menos ca en 2000.

No Antigo Réxime pertencía á xurisdición de Baltar. En 1826 tiña 400 habitantes (1826): Diccionario geográfico-estadístico de España y Portugal. Madrid: tomo 1, páx. 1 ("ABADES")., e en 1846 tiña 276. Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Limia, pertencente á diocese de Ourense.

Cara ao sur, a través da Raia Seca, limita con Portugal, co concello de Montalegre.

Notas

Lugares e parroquias Lugares de Abades

Parroquias de Baltar

Categoría:Parroquias de Baltar Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Paio