Pierre Gassendi, nado en Champtercier (Provenza) o 22 de xaneiro de 1592 e finado en París o 24 de outubro de 1655, foi un sacerdote católico, filósofo, científico e matemático francés. É coñecido por tratar de reconciliar o atomismo de Epicuro co pensamento cristián.

Adversario do cartesianismo (mantivo relación epistolar con Descartes, presentándolle as súas obxeccións) e do aristotelismo escolástico. Resucitou o atomismo materialista de Epicuro e Lucrecio. Entre as súas obras destacan o Syntagma philosophiae Epicuri (anotacións ó décimo libro de Dióxenes Laercio) e a Disquisición metafísica.

Obras Tychonis Brahei, equitis Dani, Astronomorum Coryphaei, vitae Accessit Nicolai Copernici, Georgii Peurbachii, & Joannis Regiomontani, Astronomorum celebrium, Vita. Hagae Comitum (Den Haag), Vlacq, 1655. 'Œuvres complètes'' (6 vol.) editadas polo seu amigo e herdeiro Henri Louis Habert de Montmor, 1658. Véxase tamén

Categoría:Filósofos de Francia Categoría:Nados en 1592 Categoría:Finados en 1655 Categoría:Nados en Provenza-Alpes-Costa Azul Categoría:Sacerdotes católicos de Francia Categoría:Sacerdotes da Igrexa católica latina Categoría:Profesores do Collège de France