O sacro é un óso da pelve, resultado da fusión das 5 vértebras sacras (sinostose). Só a primeira vértebra sacra conserva as apófises transversas (ás do sacro) así como as apófises articulares superiores, que lle serven de unión coa columna lumbar (articulación lumbosacra). O resto de vértebras sacras só posúen corpo e unha apófise espiñosa fusionada coas do resto do sacro.

Cara anterior Obsérvanse as partes anteriores dos corpos vertebrais, as fusións das vértebras e os buratos sacros anteriores, saída das raíces anteriores dos nervios sacros parasimpáticos. Entre os corpos fusionados e estes buratos aparecen unhas cristas.

Cara posterior Liña espiñenta posterior formada pola fusión das apófises espiñentas e ligamentos supraespiñoso e interespiñoso das vértebras sacras. Tamén aparecen os buratos sacros posteriores, saída das raíces posteriores dos nervios sacros. Entre a liña espiñosa e os buratos aparecen os tubérculos sacros postero-internos, resultados da fusión das apófises transversas. Externamente ós buratos posteriores, xorden os tubérculos sacros postero-externos. Na parte máis inferior áchase a apertura do conduto espiñal, de forma triangular.

Caras laterais Vemos unha superficie semilunar articular, destinada a articularse co coxal. Por debaixo unha zona rugosa para a inserción do ligamento sacro-ilíaco posterior.

Base superior Une o sacro coa columna lumbar. As apófises articulares superiores da primeira vértebra sacra articúlanse co corpo da quinta vértebra lumbar.

Vértice Une o sacro co cóccix.

Función do sacro Todos os ósos humanos teñen por función o sostén, pero é o sacro o que distribúe o peso cara aos dous coxais.

Articulación sacroilíaca Superficies articulares: entre a faceta articular da cara lateral do sacro e cada coxal (pelve maior). Mecánica funcional: anfiartrose en homes e diartroanfiartrose en mulleres (unha cápsula dentro da cavidade articular, o que lle dá maior amplitude de movemento). Ligamentos: Intrínsecos: Cápsula articular, que contornea as superficies óseas Ligamentos sacro-ilíacos anterior e posterior Extrínsecos: Ligamentos lumbo-ilíacos, que van das apófises transversas das vértebras lumbares ó sacro.

Categoría:Esqueleto