O Capitolio é o edificio que serve como sede do poder lexislativo dos Estados Unidos de América, a Cámara de Representantes (House of representatives, en inglés) e o Senado.

A construción do edificio comezou en 1793 e completouse en 1811. Atópase en Washington, D.C., a capital do país, e é unha das súas principais atraccións. miniatura|160x160px|Dólar conmemorativo do bicentenario do Capitolio (1994). O edificio foi deseñado inicialmente por William Thornton, pero modificado posteriormente por Benjamin Henry Latrobe e Charles Bulfinch. Ten unha gran cúpula no centro (deseñada por Thomas U. Walter e August Schoenborn) e dous edificios anexos a cada lado. A ala norte corresponde ao senado e a ala sur á cámara de representantes. Nos pisos de arriba áchanse galerías para que o público poida observar as sesións en certas ocasións. É un exemplo do neoclasicismo arquitectónico estadounidense. Véxase tamén

Outros artigos Protestas de 2021 no Capitolio dos Estados Unidos de América Dólar de prata do bicentenario do Capitolio dos Estados Unidos

Categoría:Arquitectura dos Estados Unidos de América Categoría:Washington, D.C. Categoría:Edificacións de institucións políticas