Cotas é un lugar da parroquia de Xustáns, no concello pontevedrés de Ponte Caldelas, na comarca de Pontevedra. Na actualidade está deshabitado.
Atópase a pouco máis de quilómetro e medio do lugar de Baltar.
Historia Foi posiblemente fundada a raíz do repoboamento de Galicia na Idade Media. Co nome de Cotiñas ou Castaños, medrou como a típica aldea. Pero co tempo a zona converteuse nun lugar moi propenso a roubos, polo que cara 1790, produciuse un despoboamento que rematou en 1857, coa saída da aldea de Ángela Parrado, que provocou que o núcleo quedase despoboado. A maioría dos habitantes de Cotiñas que marcharon fundaron o núcleo de Baltar, e outros marcharon a núcleos do resto da parroquia.
Poboación Pouco antes de 1790, a poboación de Castaños superaba os 200 habitantes, polo que debía de ser o primeiro ou o segundo núcleo máis poboado da parroquia. Suponse que había máis de 100 homes, xa que no primeiro censo de Baltar aparecen 113 homes adultos.
Lugares e parroquias Lugares de Xustáns
Parroquias de Ponte Caldelas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Ponte Caldelas
Categoría:Lugares de Ponte Caldelas Categoría:Despoboados da provincia de Pontevedra Categoría:Lugares ausentes no Nomenclátor de Galicia