Ribosa 200pxMolécula de β-D-Ribofuranosa. Fórmula química C5H10O5 Masa molecular 150,13 g mol−1 Densidade 0,80 g cm−3 Número CAS D:[50-69-1]L:[24259-59-4]

A ribosa é un monosacárido que ten cinco átomos de carbono (pentosa). Posúe o grupo funcional aldehido (-CHO) localizado sempre no carbono número 1, polo que forma parte do grupo das aldosas.

Non é unha molécula hidrolizable e a forma habitual na que aparece é a cíclica. Atópase nos alimentos, especialmente nas carnes vermellas, pero en cantidades moi pequenas; e nos ouriños, sobre 1 mg/l.

É moi importante para os seres vivos porque forma parte de moléculas esenciais como o ATP, o NAD+ e o ácido ribonucleico.

A súa fórmula é C5H10O5

Fosforilación En bioloxía, a D-ribosa pode fosforilarse pola célula antes de ser empregada. A riboquinasa cataliza esta reacción convertendo a D-ribosa en D-ribosa-5-fosfato. Unha vez feita a conversión, a D-ribosa-5-fosfato queda dispoñible para a fabricación dos aminoácidos triptófano e histidina, ou para intervir na vía da pentosa fosfato.

Isomería A ribosa pode presentar diversa estruturas espaciais isoméricas. dereita|miniatura|250px|Formas D e L da ribosa As ribosas que teñen o grupo OH do carbono asimétrico máis afastado do grupo aldehido (carbono 4) cara a dereita dise que son da serie D, mentres que os que teñen o OH cara a esquerda dise que son da serie L. As ribosas poden aparecer en forma lineal ou en forma cíclica. Dentro das formas cíclicas poden formar dous tipos de aneis. Os aneis de 5 elos chamados furanósicos, similares ao do furano. Os aneis de 6 elos chamados piranósicos, similares ao do pirano. Por outra banda, o xerarse a formas cíclicas, aparece nestes monosacáridos un novo carbono asimétrico que vén sendo aquel no que estaba o grupo aldehido que leva o nome de carbono anomérico dando lugar a dúas formas as chamadas forma α e β. Segundo o dito anteriormente, podemos agrupar as distintos tipos de ribosa na táboa inferior e nela podése ver a súa abundancia en tanto por cento:

Isomería da D-Ribosa Forma lineal Proxección de Haworth 100px <1% 90pxα-D-Ribofuranosa 6,5% 90pxβ-D-Ribofuranosa 13,5% 110pxα-D-Ribopiranosa 21,5% 110pxβ-D-Ribopiranosa 58,5%

Categoría:Carbohidratos Categoría:Monosacáridos