Muller espulgando ao fillo|miniatura A seguir recóllese a pegada dos piollos na cultura popular galega. Por seren uns parasitos comúns no medio rural non cabe sorprenderse de que terminaran sendo citados con frecuencia na literatura popular.
Tradicionalmente, os piollos combatíanse buscándoos directamente entre os pelos e esmagándoos entre as uñas: catar ou cachear os piollos. De aí vén o nome popular de matapiollos para o dedo polgar, coas variantes cachapiollos, escachapiollos, escochapiollos, escutapiollos, matapollos ou trincapiollos.Constantino García, s. v. matapiollos.
Este é o [dedo] miudiño, este é o seu sobriño, este é o maior de todos, este é o furabolos e este é o matapiollos.Mariño Ferro (1985): Cultura popular, 87.
Segundo Rivas Quintas, chámase piollo ó xermolo da castaña ou da landra. Cando un rapaz está a comer castañas, os adultos dinlle que lle saque o piollo porque, se non, lle nacerán na cabeza.Elixio Rivas (1988), s. v. piollo.
Medicina popular A tricia (ictericia) curábase con piollos fritidos con ovos. No Concello de Cotobade dábanlle ó enfermo durante nove días e en xaxún, un vaso de viño con nove piollos. En Verín dábanlle os nove piollos en leite ou chocolate.
A anemia curábase comendo, tamén en xaxún, varios piollos que antes picaran a alguén.
Para curar as belidas (cataratas) introducen no pelo do enfermo un piollo vivo, coa intención de que lle zugase os malos humores.Lis Quibén, 305.
Para matar os piollos hai que botar na cabeza coca moída (po dos cocos ou bugallos do carballo) ou sementes de herba dos lazarosos (que non puidemos identificar).Lis Quibén, 396.
Locucións Cachear nos piollos: buscalos entre o pelo para logo esmagalos entre as uñas. Coma piollo en costura: estar todos xuntos, apertados, amontoados, incómodos. Correr como o piollo pola cinza: ser lento en facer as cousas, non ser dilixente. Medrar como o pollo na cinza.Francisco Lanza, 46. Meterse como piollo por costura: ser quen de meterse nun sitio estreito, de onde vai resultar difícil removelo.Zamora Mosquera, 136. Ruín coma os piollos: ser moi ruín, molesto. Verse un coma un piollo en camisa lavada: ser fachendoso, orgulloso, altivo.<ref>Elixio Rivas (1988), s. v. piollo.</ref>
Refraneiro Cando a semana está de piollos, no vale mudar a camisa.Eladio Rodríguez, s. v. semana. Cando a semana está de piollos, no val nin mudar a camisa.Zamora Mosquera, 53. Cando o ano é de piollos, non vale mudar camisa. Cando os piollos saltan, ¿qué farán as pulgas?Eladio Rodríguez, s. v. piollo. Cando se pon a pardela a espiollar non tarda un día o vendaval.Clodio González Pérez (1988), 61. Cando se pon a pardela a espiollar venta o vendaval. Díxolle o peite ó tiñoso: tírate alá, piolloso.Eladio Rodríguez, s. v. decir. O piollo, desque se ve na camisa lavada, corre que rabea. O piollo en camisa lavada corre que rabea. Piollo resucitado e enfachendado, morre coma un condanado.
Cantigas Algús homes, as morenas/ dín que non lles enchen os ollos;/ non saben que as roxas sempre/ andan cheas de piollos.Xaquín Lorenzo, 36. Caséime cunha señora/ coidando que tiña don:/ tiña piollos de a libra/ e pulgas de a cuarterón.Pérez Ballesteros II, 79. Haber, heiche mandar unha,/ por detrás dun pau de toxo/ ¡e non me has de negar/ que es filla dun piolloso! Xaquín Lorenzo, 86. No orixinal: de un, és.Pérez Ballesteros II, 59. Miña sogra morreu onte,/ Diola leva ó ceo dos lobos;/ deixoume unha manta vella/ toda chea de piollos.Xaquín Lorenzo, 101. No orixinal: Diola leva. Na camisa teño pulgas/ no xibón teño piollos,/ ¡e téñenme moita invidia!/ ¡inda lles caian os ollos!Pérez Ballesteros II, 193. O piollo e maila pulga/ andan no monte a rozar;/ alá vai o carrapato/ derreado co xantar.Xaquín Lorenzo, 122. O piollo estaba malo,/ a pulga estaba parida;/ o ladrón do escarrapacho/ tiña a espenilla caída.Pérez Ballesteros II, 32. Pola falda da camisa/ vinche subir un piollo,/ era de Sierra Morena,/ levaba un parche nun ollo.Álvaro das Casas, 216. No texto: pol-a. Polo cuello da camisa/ ben che se ve un piollo,/ vénche de Sierra Morena/ e trai un parche nun ollo.Pérez Ballesteros II, 258. Polo cuello da camisa/ ben che vexo ir un piollo,/ venche da sega da Ambroa/ trai un fachico nun ollo.Pérez Ballesteros II, 258. Refírese a San Tirso de Ambroa, unha parroquia do condello de Irixoa. Rapaciña, non te quero,/ porque tes moitos piollos/ e fai falta máis dun ano/ para chos catare todos.Xaquín Lorenzo, 139. No orixinal: de un. Tírate desa ventana,/ garrafina de piollos:/ se vén unha onda de aire/ gáfasnos de iles a todos.Xaquín Lorenzo, 154. No orixinal: de esa, ven. Gafar co significado de contaxiar. Vaia que traes fachenda/ con esas catro guedellas/ todo cheo de piollos/ que che furan as orellas.Pérez Ballesteros II, 105. Vaite á merda, vaite á merda,/ por riba dun pau de toxo/ que anda decindo a xente/ que eres fillo dun piolloso.Fermín Bouza-Brey, 182. No orixinal: â m... (por eufemismo), de un.
Adiviñas Ando nas altas montañas,/ miña nai xa é falecida,/ dez me procuran/ e dous me tiran a vida. [o piollo]Gárfer, 95. Dez cazadores na mata,/ só dous que matan a caza. [os dedos das mans catando piollos]Gárfer, 154. Moura por cima do ceo,/ nunha mata escondida,/ son dez os que me procuran/ e dous os que me tiran a vida. [o piollo]Gárfer, 102. No monte nace,/ no monte se cría/ e baixa o gado/ do coto da guía. [o peite das lendias]Gárfer, 120. O meu pai vai de caza;/ o que caza déixao aló/ e o que non caza traino pra acó. [o peite das lendias]Gárfer, 255. ¿Que será unha cousiña cousa/ que sobe á serra e baixa o gado? [o peite das lendias]Gárfer, 126. Un conventiño con moitas monxas,/ a maestra está vestida de colorado/ e as rapazas de branco;/ máis arriba dúas ventanas,/ máis arriba dous luceiros,/ máis arriba a alameda/ onde pasean os cabaleiros. [o conventiño é a boca; as monxas, os dentes; a mestra, a lingua; as ventás, o nariz; os luceiros, os ollos; a alameda, o pelo; e os cabaleiros, os piollos]Gárfer, 160.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
ANÓNIMO: Saudade. Verba Galega nas Américas'', México 1942-1953. Ed. facsímile do Centro do Ramón Piñeiro 2008
[facsímile da Ed. Maxtor, Valladolid 2001. ISBN=84-95636-77-8]
piollo