Santa María de Galdo é unha parroquia do concello lugués de Viveiro na comarca da Mariña Occidental. No ano 2007 tiña 578 habitantes (274 homes e 304 mulleres) distribuídos en 57 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 46 habitantes en relación ao ano 2000.

Situación Sitúase a 4 km da vila de Viveiro. Limita coas parroquias de Magazos, Landrove, Vieiro, Bravos (Ourol) e Cabanas (O Vicedo).

Patrimonio Mámoa de Pedras Brancas de Padrón. Castro de Sobrevila. Pazo da Trabe, que na actualidade alberga un establecemento de turismo rural.

Festas A súa semana santa, ao igual que a Semana Santa de Viveiro, ten figuras articuladas. As festas parroquiais están dedicadas a San Pantaión.

Lugares e parroquias Lugares de Galdo

Parroquias de Viveiro

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Viveiro

Categoría:Parroquias de Viveiro Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María