miniatura|300px|Vacas de raza rubia galega. A seguir recóllese a pegada da vaca na cultura popular galega, na etnografía e na literatura de transmisión oral.

O becerro, xato, cuxo, vitelo ou pucho miniatura|Xato de rubia galega en Oroso. miniatura|Xato de rubia galega en Moeche. Cada ovella coñez o seu rexelo e cada vaca o seu tenreiro/becerro. Cuxo/Puchiño/Xatiño mamote ben dorme. Cuxo mansiño de tódolos tetos mama. O becerriño manso mama a súa nai e a outras catro. De becerro verás o boi que terás. De pequeniña verás a vaquiña que terás /qué vaquiña terás De pequeniño verás o boi que terás /qué boi terás. De pequeno conocerás qué boi terás. De pequeno verás o boi que terás /qué boi terás. De piquiniño /xato verás qué boi terás. De xatiña verás a vaquiña que terás. O boi que terás, de tenreiro o verás. De vacas e xatos van os coiros ó mercado. En sardiñas e tenreiras, as galegas as primeiras. O crego de Albarellos ten máis touras cós seus novelos. O que perdeu un boi e atopou un xato, xa non perdeu tanto. Ós pobres Deus mándalles nenos, ós ricos mándalles becerros. Ós probes mándalles Deus nenos; e ós ricos, becerros. Que dea a vaca bo tenreiro, que moito leite coa herba no prado non hai que esperalo Que dea a vaca bon becerro /bos xatos e bo leite coa herba do prado n'o hai que esperalo. Xatiña de vaca brava turra sempre.

O touro ou boi miniatura|Boi de raza Arouquesa. Cando che dan o almallo, acude co barazo. De antre o touro e o boi, navalla do capador/coitelo de castrador. Do toro ó boi, a navalla do castrador/capador. Do toro ó boi sólo vai un castrador. Entre o touro e o boi, o coitelo capador. En terra allea hastr'as vacas turran ós bois. Quen perde o almallo, búscalle o chocallo. Touriño e muller onde aches dos teus. Touro e muller da túa terra deben ser.

Capas miniatura|Rubias galegas, roxa e branca. Capa marela A vaca marela non hai quen poida con ela. Boi marelo escuro, ara polo mol, ara polo duro. Boi marelo lourado, primeiro morto que ampeado. Boi marelo, pouco andar e moito penso. Mal lle vai á corte onde o boi teixo non tose/tuse. Mariquiña do terbelledoiro, o teu pai ten un boi loiro. Miña marela gallarda, ara, carreta e non cansa. Nin bo Pedro nin boi marelo, nin boa herba por riba do rego, nin boa mula que faga "gin" nin boa muller que fale latín. Nin bo porco, nin bo marelo, nin boa herba por riba do rego, nin boa mula que faga "xin" nin boa muller que fale latín. Nin bo Xan nin bo Pedro, nin boi marelo enriba do rego /nin boi morto por riba do rego. Non hai mal que por mal non veña, morreume a sogra e pareume a vermella. O que non munxe marela, non fai queixo nin manteiga.

Outras capas miniatura|Vacas marelas. miniatura|Vaca galega na Fonte do Santo (Serra de San Mamede). A vaca branca, nin na casa nin na praza. Gando branco, millor é velo no prato. Gando branco, nin no pasto nin no banco. Nin vaca con píntegas nin muller ispida.

Os cornos A vaca, chover, chover, astra o corno amolecer; a besta, secar, secar, astra o beizo regañar. Chover, chover, astra o meu corno amolecer. O boi diz: "¡Tanto chovese astra que os cornos lle amolecesen!". ¡Que tanto chovese que ate os cornos lle amollecesen. Miña marela gallarda, ara, carreta e non cansa. Miña vaquiña gallarda, ara, carreta e non cansa. Non hai preito que non se arregre nin corno que non se endereite. Ó boi morto acañarlle /agarrarlle /acáñalle o corno. Ó boi morto, collerlle o corno. O que deixa o seu polo alleo, colle un corno e méteo no seo . Os cornos das vacas non son como os dos bois. Xente de Noia, campana de pau, tocan á misa co corno.

Os tetos miniatura|Xato mamando nos tetos da nai. A vaca, canto máis se munxe, máis grande ten o teto. Vaca alugada, tetos enxoitos. Vaca de Ponferrada, moito ubre e pouca canada.

Extremidades Bravo está o touriño, dinmo/llo as presunllas, porque esgarabata e non arrebuña. A vaca farta, do rabo fai a cama. A vaca farta, do seu rabo fai bragada. A vaca farta, do seu rabo fai cama. Á vaca farta o rabo élle abrigado. O boi afartado fai cama do rabo. O boi farto déitase no prado e fai cama do rabo. Do boi co rabo recachado, ponte a salvo. O touriño, cando é bravo, ó andar recacha o rabo.

Características Características positivas Gando grande e ben feito Boi grande, are ou non are. Chocallo de prata e bois rombós son as boas señaes do labrador. Testa vén a vaca, inda que fraca. Vaca barrigona e ovella corna nin a des nin a troques por outra.

Vaca que dá moito leite A vaca do vilán, se dá leite no inverno millor o dá no vran. A vaca, para ser leiteira, ha de ter ubre larga, os cornos aguzados e fuciño achatado. A vaca para ser leiteira ten que ter o teto longo, corna aguzada e fuciño mocho. ¿Eres leiteiriña de Arroxo? Xa, xa (te conozo). Vaca de leite, pouco traballo. Vaca leiteira non vai á feira. Vaca remoedora, leite amorra.

Gando vello que traballa ben Á vaca vella aguzarlle /aliviarlle a rella. A vaca vella turra do arado, a xuvenca deprende ó seu cabo. Ara con boi vello, que non che perderá o rego. Axunto da vaca vella deprende a ara-la xovenca. Axunto do boi vello afeizóase o xuvenco /deprende a ara-lo xuvenco. Cabe do boi vello deprende a turra-lo xuvenco. O boi vello puxa do arado e o novo deprende ó seu cabo. Boi vello faise novo no lameiro. Boi vello folga/refolga no lameiro. Pra o boi vello, verde lameiro. Boi vello faise ó meu subeu e ó teu. Boi vello labra cos ósos. Boi vello, sólo cos ósos puxa o carro. Boi vello non olla o rego. Boi vello polo uso ara. Boi vello, rego dreito /suco dereito. O boi, cando vai vello, máis dreito leva o rego. O boi, cando vai vello, millor tira o rego. O boi, cando vello, millor leva o rego. O boi, canto máis vello, millor leva o rego. O boi millor leva o rego. O boi vello, de seu leva o rego. O boi vello leva o suco ó dereito. Boi vello, pola rilleira. Bois vellos con canga nova, envelga torta. Bois vellos con xugo novo, rego torto. Parella nova, envelga torta. Parella vella con canga nova, envelga torta; e, se nova, nin dreita nin torta. Parella vella con canga nova, envelga torta; e si nova a parella, nin torta nin dereita. Parella vella con xugo novo, tira o rego torto e parella nova con xugo vello, nin torto nin dereito. Mal lle vai á corte cando o boi vello non tose. Mal vai a corte onde o boi vello non tose. Onde o boi vello non tuse, a fouce enferrúxase. ¡Malia do sobeu no que non turra o boi vello! Ó boi adoito, térmalle a teiró que che ara solo. O boi ben vezado traballa a carón do faco. O boi máis vello panda por ser mal labrada a horta. O boi termente atura a semente. Ó boi vello dálle mantenza e darache a pelexa. O boi vellouqueiro conoce ó seu amo e ó seu come-deiro. Ó boi vello non lle búsque-la corte, que xa che dará el coela. Ó boi vello non lle busques abrigo, búscallo ó becerriño. Ó boi vello non lle múde-la corte. Ó boi vello non lle cates abrigo. Ó boi vello non lle cates achego, porque el vaise ó verde e deixa o seco, mais, se verde non acha, o seco apaña. Poldro, de poldrela; becerro, de vaca vella.

O pastoreo miniatura|Vacas nunha corredoira camiño da eira en Fontela, Miranda, Castroverde. A vella conta unha hestoria e o vaqueiro unha vitoria. As farfaliñas do zarrón polo serán boas son. Asembra de pastores, perda pra os señores. Cando cantan os pegureiros, rabean os amos. Cando arraia o soalleiro, quenqueira é pigoreiro; cando o inverno vén, xa non hai quen. Co vranciño é bo calquer goriño, ca iauga e a neve cata quen cho leve. Polo vran calquer pastor é barragán, polo inverno míralle o pelexo. Cando chove e fai sol, alegre está o pastor. Cando chove e fai sol, ledo anda o pastor. Cando neva na serra, sexa pastor quen o desexa. Cando neva, sexa pegureiro quen quera. Cando neva, sexa vaqueiro quen quera. Cando neve na serra, sexa pastor quen queira. Cando neve, sexa vaqueiro quen o terme. Nin con neve sexas vaqueiro nin de roín sexas servidor. De vacas falan os vaqueiros e de vento os mariñeiros. De ventos fala o mariñeiro, de vacas o pegureiro. De vello, vacas gardar, pouco durar. O que queira co vello acabar mándeo de inverno ó monte a gardar. Deixa o pegureiro as vacas, mentras a molina non para. Fonte de vaqueiros no inverno ten auga; no vran é cagalleiro. Máis quero ser vaca que vaqueiro. Non todo o que leva pelica é pegureiro. O fillo do pegureiro non se cría sin laieiro. Ó pastor que moito se gaba, o demo lle linda as vacas. Ó pegureiro vello, fato pequeno. Ó portelo do pastor chamou a fame e non entrou. Ó que veña do maroto e ó que veña do xaldo para a braña do vaqueiro, miña parte douna ó diaño. Onte vaqueiro e hoxe cabaleiro. Peguriño novo linda mal o gado. Xente nova non garda o gado. Por mal pegureiro se teña o que non troca de herbeira. Vaqueiro e cocho invernizo, Dios non vos fixo. Vaqueiro e porco invernizo, o demo vos fixo. Vaqueiro pola neve e porco con frío, o demo que os leve. Vaqueiro pola neve, que o demo o leve.

Outros Refráns xeográficos Estrela boeira, vaite deitar que os vosos boeiros vanse cear. Para pasa-lo Touriñán, ou rentes da costa ou adentro do mar. En carne tenreira, Galicia a primeira. En Caroi, nin boa vaca nin bo boi, pero montador, do mellor. En Galicia despídenme os lameiros e en Castela recébenme os macelos/coitelos. Moza de Deza e vaca da Ulla, ben é verdá que de cento unha. Moza de Deza e vaca da Ulla, de cento unha. Vaca de Entrimo e muller de Gaiás, fuxe delas como dos cás. Vaca de Manzalvos e muller da Mezquita ... quita, quita. Vacas de Ulla e muller de Bendoiro, n'as metas na casa que che é un agoiro. Vaca de Ponferrada, moito ubre e pouca canada.

Véxase tamén Bibliografía BENAVENTE JAREÑO, Pedro; FERRO RUIBAL, Xesús: Refraneiro galego da vaca, Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro, Santiago de Compostela (1994).

Outros artigos Vaca O ubre da vaca na cultura popular galega O leite na cultura popular galega O queixo na cultura popular galega A manteiga na cultura popular galega

Vaca Categoría:Vacas