Santo André de Marrubio é unha parroquia do concello ourensán de Montederramo na comarca da Terra de Caldelas. No ano 2007 tiña 106 habitantes (55 homes e 51 mulleres) distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 19 habitantes en relación ao ano 2000. Patrimonio

O conxunto relixioso de Marrubio está formado por un cruceiro do ano 1778 que aínda conserva a súa policromía (moi poucos a conservan en Galicia), grazas ó baldaquino que a protexe, e unha capela dedicada a santo Antón.

Lugares e parroquias Lugares de Marrubio

Parroquias de Montederramo

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Montederramo

Categoría:Parroquias de Montederramo Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santo André