A Praza de Fefiñáns, tamén coñecida como Praza do Mercado, é a parte máis característica do barrio de Fefiñáns, no concello de Cambados. Ten a súa orixe no século XVI, e nela atópanse o Pazo de Fefiñáns e a Igrexa de San Bieito.

Ata o século XVIII, o mar chegaba ata a mesma praza , se ben os sucesivos recheos foron afastando a costa. Popularmente denominouse como O Eirado e, posteriormente, O Mercado, por celebrarse nela o mercado da vila ata 1947Unha vida entre peixe e salitre do mar de Arousa, artigo de Francisco Fernández Rei publicado na revista Ardentía, nº 4 (2007), p. 22-29. A praza está aberta ao tráfico rodado, feito ao que se opoñen os grupos da oposición municipal, que levan anos reivindicando a súa peonalización .

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Antena 3

Categoría:Cambados Categoría:Prazas de Galicia