miniatura|275px|Articulacións ou suturas óseas dun cranio humano.1 sutura coronal;2 sutura saxital;3 sutura lamboide. A articulación frontoparietal é unha articulación inmóbil da parte superior da calota cranial. A súa osficiación plena non se acada ata os vinte ou mesmo os corenta anos. O retardo débese a que é preciso non pechar o cranio ata o remate do crecemento do cerebro. A esta mesma articulación denomínaselle sutura coronal.

As superficies articulares son: Bordo superior do óso frontal. Bordo anterior de ambos parietais.

O punto no que se unen a sutura cranial e a sutura lonxitudinal chámase bregma.

Unha osificación prematura é unha seria alteración, xa que co crecemento cerebral, habería un aumento perigoso da presión intracranial, debido a que non hai espazo para el.

Categoría:Articulacións