San Mamede de Puga é unha parroquia do concello ourensán de Toén na comarca de Ourense. No ano 2007 tiña 280 habitantes (145 homes e 135 mulleres) distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón un aumento de 34 habitantes en relación ao ano 2000.
Patrimonio A igrexa parroquial de San Mamede está no núcleo principal da parroquia, A Eirexa. A segunda fin de semana de setembro celébrase unha festa na honra da Virxe do Perpetuo Socorro.
Nesta parroquia está a torre patrucial dos Puga, donos de moitas terras e casas na comarca. A finais do século XV e comezos do XVI a torre de Puga pertencía ao cabaleiro Gonzalo de Puga, soterrado na igrexa de San Francisco de Ourense. A torre formaba parte dunha casa forte rodeada por murallas, cortes, adegas e palleira. A súa sólida estrutura de cachotaría remataba cunha cornixa ornamentada con pináculos de bólas, e no acceso podían verse tres escudos nobiliarios coa heráldica dos Puga. A día de hoxe a torre está en ruínas moitas pedras desta foron reproveitadas na construción do pazo de Olivar, o recinto foi alterado con muros metálicos e ventás modernas, non hai plans de restauración pra torre e foi incluída no 2025 no rexistro de bens patrimoniais en risco de desaparición.
Na parroquia está tamén o Pazo do Olivar, que a mediados do século XIX pertencía a Juan José Novoa y Abraura, e posteriormente, primeiro á súa filla Josefa e despois á súa outra filla Antonia Novoa Serón Abraura Molina.
Lugares e parroquias Lugares de Puga
Parroquias de Toén
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Toén
Categoría:Parroquias de Toén Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Mamede