A Tolda é un lugar da parroquia de Parga no concello lugués de Guitiriz, na comarca da Terra Chá. Non ten habitantes desde hai máis dunha década segundo datos do Instituto Galego de Estatística .

Neste lugar está situado o sitio arqueolóxico de Pena Xiboi, declarado Ben de Interese Cultural. Datado entre os anos 8000 e 5000 a. C. A carón del colocouse un cruceiro cunha placa conmemorativa.

Lugares e parroquias Lugares de Parga

Parroquias de Guitiriz

Categoría:Lugares de Guitiriz Categoría:Despoboados da provincia de Lugo