Santiago de Rubiás é unha parroquia do concello ourensán de Calvos de Randín na comarca da Limia. No ano 2007 tiña 162 habitantes (85 homes e 77 mulleres) distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 22 habitantes en relación ao ano 2000.
A parroquia de Santiago de Rubiás xunto co lugar das Meus da parroquia de Tosende no concello de Baltar, conformaba ata 1864 o Couto Mixto.
Historia miniatura|esquerda|Rubiás no mapa do bispado de Ourense de 1763. miniatura|Rubiás dos Mixtos no Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar de Pascual Madoz (1849). En 1868, coa entrada en vigor do Tratado de Lisboa de 1864, o Couto Mixto foi incorporado ó concello de Baltar. O lugar de Meaus integrouse na parroquia de Tosende, mais os lugares de Rubiás e Santiago pediron ser integrados no concello de Calvos de Randín, solicitude que foi aprobada pola Deputación de Ourense en 1870 e se fixo vixente o ano seguinte, constituíndo a parroquia de Rubiás dos Mixtos.
Eclesiasticamente xa existía, aparecendo así no Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar de Pascual Madoz en 1849 ou no Censo de Ensenada de 1752. De feito, cando se crearon os concellos en 1836, Santiago de Rubiás xa foi incluída no concello de Calvos de Randín.
No ano 1985, a Xunta de Galicia estabeleceu «Rubiás dos Mistos» como forma oficial do topónimo. En troques, dez anos despois determinou que o nome oficial da parroquia fose «Rubiás dos Mixtos».
Demografía No reconto de 1571, levado a cabo para o repartimento pola Coroa de Castela dos mouriscos expulsados de Granada, consta Rubiás con 48 veciños. Os lugares de Rubiás e Santiago aparecen separados no Censo dos Bispos de 1587 sumando 95 veciños (35 e 60). «Sta. María de Rubiás» e «Santiago de Rubiás». Xa no Censo de Ensenada de 1752 a parroquia ten 172 veciños.
No Diccionario geográfico universal (1833) Rubiás e Santiago figuran con 415 e 612 habitantes respectivamente (1027 en total) mentres no Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar (1849) atribúeselle á parroquia 300 veciños e 1500 habitantes.
Século XIX-XX 1887 1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1986 1991 1999 2000 Habitantes 671 753 684 759 638 607 570 440 338 240 232 265 182 184
Século XXI 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010 183 183 188 185 185 176 162 162 162 162 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 174 149 142 140 124 119 109 Fonte: IGE (padrón municipal)Nomenclátor estatístico de Galicia. Anos ; ; ; ; ; ; ; ; ; ; ; ; ; ; ; e . Instituto Galego de Estatística (IGE).
Lugares e parroquias Lugares de Rubiás dos Mixtos
Parroquias de Calvos de Randín
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Calvos de Randín
Categoría:Parroquias de Calvos de Randín Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de Santiago o Maior