Arai Hakuseki (新井 白石, あらいはくせき), nado en Tokyo 1657 e finado en 1725, foi un escritor e político xaponés.

Traxectoria Dende moi novo amosou a súa intelixencia, segundo a tradición aos tres anos copiou un libro de Confucio escrito en Kanji. En 1693, o shogún Tokugawa Ienobu chamouno como conselleiro xunto con Manabe Akifusa para reformaren a política económica do shogunato e darlle máis estabilidade, controlando a inflación. Tamén implementaron unha nova política comercial para controlar os pagamentos dos mercadores chineses e neerlandeses. Á morte do Shogún, Hakuseki deixou o seu posto e comezou a escribir.

Obra Hankanfu (藩翰譜) - Unha lista de árbores familiares dos daimios Koshitsu (古史通) - Historia antiga do Xapón Oritaku Shiba-no-ki (折りたく柴の記) - Diario e memorias Sairan Igon (采覧異言) Seiyo Kibun (西洋記聞) - Descrición do Occidente, baseado nas súas conversas co sacerdote xesuíta, Giovanni Battista Sidotti Tokushi Yoron (読史余論) - Tratado histórico

Categoría:Políticos do Xapón Categoría:Historia do Xapón Categoría:Samurai Categoría:Nados en Tokyo Categoría:Nados en 1657 Categoría:Finados en 1725