Santa María de Matamá é unha parroquia do concello ourensán de Laza na comarca de Verín. Segundo o IGE en 2010 tiña 170 habitantes (82 homes e 88 mulleres) nunha soa entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 191 habitantes.

O río Támega ao seu paso por Matamá, era unha das vairas máis salientábeis do val de Laza, onde xeracións enteiras de veciños foron á baña. Foi substituída no ano 2003 por unha escollera. O río crúzao unha ponte con bases románicas.

Topónimo O topónimo Matamá é un fitónimo derivado de MATTA (de orixe prerromana) MALA (de orixe latina), referido a un terreo de pouca calidade ou difícil de traballar.

Lugares e parroquias Lugares de Matamá

Parroquias de Laza

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Laza

Categoría:Parroquias de Laza Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía