O nervio glosofarínxeo é o noveno par cranial (IX). A súa orixe atópase no bulbo raquídeo do encéfalo. Atravesa o forame xugular e faise exocranial. Este nervio segue ó músculo estilofarínxeo e pasa entre os músculos constritores superior e medio da farinxe para acadar a orofarinxe e a lingua. Contribúe ó plexo nervioso farínxeo. O nervio glosofaríngeo chega á lingua e á farinxe.

Funcións do nervio Recolle sensibilidade do terzo posterior da lingua, oído medio, farinxe e seo carotídeo. Envía ramos parasimpáticos para a parótide a través do ganglio ótico. Envía ramos motores para o músculo estilo-farínxeo. Envía ramos para o plexo farínxeo.

Núcleos asociados Núcleo solitario: recolle información do terzo posterior da lingua e dos baro e quimiorreceptores carotídeos. Núcleo espiñal do trixémino Núcleo ambiguo Núcleo salivar inferior: leva información parasimpática ás glándulas salivares.

Ramos Anastomose co nervio vago Nervio timpánico Nervio estilo-farínxeo Nervio para o seo carotídeo Ramos para o terzo posterior da lingua Ramos linguais, que se anastomosarán co nervio lingual Ramos menínxeos Ramo auricular

Véxase tamén

Categoría:Pares craniais