Agota Kristof ou Ágota Kristóf, nada en Csikvánd o 30 de outubro de 1935 e finada en Neuchâtel o 27 de xullo de 2011, foi unha escritora húngara. Residiu en Suíza e escribiu en lingua francesa.
Traxectoria Marchou do seu país con 21 anos, cando a revolución húngara foi asolagada polas tropas do pacto de Varsovia, marchando co seu marido (profesor de historia na escola) e a súa filla de 4 meses a Neuchâtel. Logo de 5 anos traballando nunha fabrica, separouse do seu marido e deixou o traballo, comezando a estudar francés e a escribir nese idioma.
Obras Os seus primeiros pasos como escritora foron no ámbito da poesía e o teatro (John et Joe, Un rat qui passe), malia ser unha das facetas da súa obra con menor impacto. En 1986 aparece a súa primeira novela, O gran caderno. A secuela titulada Le Preuve chegou 2 anos despois. En 1991 apareceu a terceira parte, Le Troisième mensonge.
Agota Kristof recibiu o premio europeo á literatura francesa por O gran caderno, sendo esta obra traducida a máis de 30 idiomas.
Véxase tamén Bibliografía O gran caderno (Le Grand Cahier, 1986); Traducida ó galego por Marga Rodríguez Marcuño (ISBN 84-8302-496-9). La Preuve (1988); Le Troisième mensonge (1991); L'Heure grise et autres pièces (1998); Onte (Hier, 1995); Traducida ao galego por Isabel García Fernández (ISBN 978-84-936413-7-5). L’analphabète (2004); C'est égal (2005);
Categoría:Escritores de Hungría Categoría:Escritores en lingua francesa Categoría:Nados no condado de Győr-Moson-Sopron Categoría:Nados en 1935 Categoría:Finados en 2011