Millo en Oroso|miniatura

O millo (Zea mays), malia ser orixinario das Américas, é unha gramínea fundamental na cultura galega pois xogou un papel fundamental na alimentación do pobo nos últimos séculos. O principal pan do país facíase con millo, a paisaxe enchouse de leiras de millo, os hórreos foron agrandados e mellorados, e en xeral a poboación de Galicia aumentou coa chegada deste cereal. A primeira referencia do seu cultivo en Galiza data de 1610, na zona do Barbanza. Refraneiros e cántigas deixan pegada da súa importancia.

O nome O millo tamén recibe en Galicia os nomes de maínzo e de milleiro segundo a zona. O nome de millo vén da denominación que recibía outra especie anterior á chegada do cereal do Novo Mundo: o millo miúdo ou paínzo, outra gramínea, orixinaria de Oriente (Setaria italica), de talo máis groso có trigo e grans redondos de cor amarela, que era común na Europa antiga e medieval. O millo actual susbtituiu o paínzo. Etimoloxicamente a verba galega millo (antiga denominación do millo miúdo) vén do latín: milĭum.

O termo maínzo, ao igual que o termo castelán maíz ou o francés maïs, virían das linguas amerindias, exactamente do taíno: mahís.

No agro galego tamén se distinguen as variedades a seguir: Millo miúdo. Millo da revoltiza: millo que constitúe a colleita de outono. O millo da revoltiza dáselle ao gando. Millo pego, millo que se dá en mazarocas con algúns grans doutras cores. Millo rei, millo que se dá en mazarocas de cor entre a do viño e a encarnada. A mazaroca destas cores chámase espiga raíña.

Na literatura A importancia que rapidamente adquiriu o seu cultivo e uso alimentario levárono a un espallamento social só comparable ao da pataca. Un síntoma da súa omnipresenza é o famoso poema Adiós ríos, adiós fontes de Rosalía de Castro, onde se laia da paisaxe que vai deixar atrás por ir á emigración, paisaxe onde aparece o millo:

Adiós, ríos; adiós fontes: adiós regatos pequenos; adiós, vista dos meus ollos, non sei cando nos veremos.

Miña terra, miña terra, terra donde me eu criei, hortiña que quero tanto, figueiriñas que prantei.

Prados, ríos, arboredas, pinares que move o vento, paxariños piadores, casiña do meu contento.

| valign="top"| Muíño dos castañares, noites claras de luar, campaniñas timbradoiras da igrexiña do lugar.

Amoriñas das silveiras que eu lle daba o meu amor, caminiños entre o millo, ¡adiós, para sempre adiós!

¡Adiós, gloria! ¡adiós, contento! ¡Deixo á casa onde nacín, deixo a aldea que conozo, por um mundo que non vin!

Deixo amigos por extraños, deixo á veiga polo mar, deixo em fin, canto ben quero... ¡Qué pudera non o deixar!...

(Fragmento de "Adiós ríos, adiós fontes",de Rosalía de Castro)

Etnografía A seguir recóllese a pegada do millo na cultura popular galega, na etnografía e na literatura de transmisión oral.

Chámase espiga raíña aquela que presenta os grans encarnados, avermellados. Nas esfolladas tradicionais aparecía de cando en vez, e a muller que a atopaba considerábase moi afortunada, xa que se atribúen a esta mazaroca propiedades medicinais, especialmente para o gando vacúnEladio Rodríguez González, s. v. espiga.. O informante non concreta para que doenzas se utilizaba.

Campo de millo no Porto do Son|miniatura Millo plantado en fileira|miniatura miniatura

Locucións ¿Seica me queres come-la broa?: resposta de incredulidade a quen intenta tomarnos o pelo, tomarnos por parvos Eladio Rodríguez González, s. v. broa.'

Refraneiro A choiva no abril dá millo e dá pan. A mazorca, no muíño; e no bolso, o diñeiriño. Á porta do rezador, non botes o millo ó sol. Aí vén o mes de Nadal, que non deixe o millo sin apañar. Alá vai serodio con temporao, mais non na palla nin no grao Saudade nº 3, maio 1943, 24-25.. Ala vai, vela alá vai, a raposa polo millo: ela comer non o come, pero vaino destruíndo. As escrouchiñas do millo non fan porveito a ninguén. Mandei a muller a elas; adormeceu e non vén. Ata a folliña do millo sabe tamén picardía. Garda o orballo da noite para beber polo día. Cando as gaivotas bailan a muiñeira, hai que garda-lo millo na eira Lino Lema Bouzas, 3.. Cando o ano entrare en domingo, vende o boi e merca millo Real Academia Galega 1913, s. v. ano.. Cando o ano entrare en domingo, vende os boiciños e merca milliño. Cando o ano entrare en domingo, vende os bois e merca millo Eladio Rodríguez González, s. v. ano.. Cava, labor e barbeito, en maio han de estar feitos. De milleiro a milleiro, o salto dun carneiro Refírese á distancia que deben ter os regos nos que se sementa o millo.. Díxolle o millo á liñaza: "Ándate tí, espepitada, que ós tres días estás nada". E a liñaza respondeulle: "Seica coma tí, borrón, que tardas sete semanas en salires do torrón". Díxolle o millo á terra: "decrúame tarde, arréndame cedo, e pagareiche o que che debo". En maio, millo sementado, cal enxoito, cal mollado Eladio Rodríguez González, s. v. maio.. En marzo, abrigo, mozas e pan de millo. En marzo abrigo, noces e pan de millo. "¡Erte, dormiñón, que pasas un mes sen saír a ve-lo sol!", díxolle a liñaza ó millo. "¡Cala trigudilla: pola mañán sementada e pola noite nascida!", díxolle o millo á liñaza Saudade nº 3, maio 1943, 24-25. No orixinal: vel-o, o millo, a liñanza (sic).. Espigas en marzo; catro; espigas en abril, mil Eladio Rodríguez González, s. v. espiga.. "¡Lavada, aos tres días nada!", díxolle o millo á liñaza. "¡Nugallán" –díxolle ela-, "un mes baixo o torrón e aínda se vou non vou!" Saudade nº 3, maio 1943, 24-25. No orixinal: éla, ainda.. "Lavada: ¡ós tres días nada!", díxolle o millo a liñaza; i ela respondeu: "nugallón, un mes debaixo do terrón, e inda se vou ou non!". Millo ralo na leira e non no carro. Nin millo engrolado, nin millo queimado . O cuco a cucar, a rola a rolar, colle o cestiño e vai sementar Miguel Rubinos Conde 2013.. O millo de san Bartolomeu nin é meu nin é teu San Bertomeu, 24 de agosto. Rosario Soto Arias 2013. O millo mesto, no cesto; o millo raro, na leira e non no carro. O millo polo San Marcos nin nado, nin no saco San Marcos, 25 de abril.. O millo por san Marcos nin no saco nin nado. O millo que barbea dinantes de San Bartolomeu é o meu; o que barbea dispois é dos bois José Santiago Crespo Pozo, s. v. espigar.. O millo rascado enche a cesta e o ferrado. O pan de trigo fíxoo Dios, e o de millo mandouno facer. O pantrigo fíxoo Deus; a broa mandouna facer Eladio Rodríguez González, s. v. pantrigo.. O pantrigo fíxoo Dios, e o de millo mandouno facer. O primeiro millo é dos páxaros José María Pereda Álvarez (1953).. O primeiro millo é prós paxaros. O que en marzo non fende, en abril non estende Quere dicir que se en marzo non se aran e se preparan ben as terras, cando chega o momento de sementa-lo millo, en abril, mal se poderá facer este labor. Refrán recollido en Meis. O temperán, ou en palla ou en gran. Pan de millo nono deas ó teu fillo Eladio Rodríguez González, s. v. pan.. Polo san Cristovo, xa o millo lle tapa a ala ó corvo San Cristovo celébrase o 10 e o 25 de xullo.. Por san Pedro, o millo cúbrelle a á ó corvo. Quen ós paxaros recea, millo miudo non semea Eladio Rodríguez González, s. v. paxaro.. Se o millo fose pouco, mudalo dun saco noutro, dixo a galiña cando falou. Treboada no Miño, pan e millo.

Cantigueiro A galiña pon o ovo/ pra o proveito da muller:/ o home vai pra o monte/ ¡come broa si a quer! Saudade nº 4, xullo 1943, 30. No orixinal: pón, pr’a, par’o monte.. A vella perdeu o vello/ por entre a palla do millo;/ a vella queda chorando/ polo seu agarimiño Saudade nº 4, xullo 1943, 28.. As esfolladas de noite/ non dan porveito a ninguén;/ mandei a muller a unha/ i esfolláronma tamén Xaquín Lorenzo Fernández, 47. A esfollada era a xuntanza para arrincar as follas da mazaroca do millo antes de almacenalas no piorno.. As esfolladas do millo/ non dan porveito a ninguén;/ miña muller foi a ela/ i esfolláronma tamén Xaquín Lorenzo Fernández, 212.. Este ano hai moito millo,/ tamén hai moitos carozos./ As rapazas de Palmeira/ arrabean polos mozos No texto: pol-os. Fermín Bouza-Brey 1929, 178.. Hoxe teño que ir a Barro/ pola colleita de millo,/ hoxe teño que ir a Barro,/ de Barro non me despido Santa Cristina de Barro é unha parroquia do concello de Noia. Álvaro das Casas, en Nós 94, 15.10.1931, 192. No orixinal: oxe, pol-a.. Miña Virxe de Xurés/ baixaivos ao areal/ que lle leva o millo a seca/ ás calaceiras do val Xaquín Lorenzo Fernández, 103. Para implorar pola chuvia báixase a imaxe da Virxe do Xurés á parroquia de Santa María de Rio Caldo, situada no val. A Virxe do Xurés e Rio Caldo localízanse en Lobios.. Mociños de alá de baixo,/ vinde rondar a Facós,/ que anque vos hai pouca auga/ os millos háivolos bos Xaquín Lorenzo Fernández, 104. Facós é lugar da parroquia de San Vicente de Lobeira.. Onde vas, millo miúdo?/ Vou a pór do temperau./ Co temperau no-has chegar/ nin na palla nin no grau Xaquín Lorenzo Fernández, 121. A mesma idea está recollida no refraneiro: “Alá vai serodio con temperán, mais na palla, non no gran”.. Sementei millo miúdo/ e non me quixo nacer;/ cálate, millo miúdo,/ inda me has de conocer No orixinal: miudo, no-me, m'as.. Sementei millo miúdo/ no colo dunha rapaza,/ queira Dios de hoxe nun ano/ o millo miúdo naza Xaquín Lorenzo Fernández, 144.. Si todo o mar fora leite/ e Monte Louro boroa,/ xa terían que comer/ os tramalleiros de Boa Boa é a parroquia máis occidental do concello coruñés de Noia, lindando co Porto do Son. Tramalleiros son os que pescan ó tramallo, unha arte de pesca formada por tres redes superpostas. Álvaro das Casas, en Nós 94, 15.10.1931, 192; No orixinal: Montelouro,Lino Lema Bouzas, 15.. Todo se me dá na man/ se non a sacha do millo/ e mais a sega do pan Fermín Bouza-Brey, en Nós 96, 15.12.1931, 236. No orixinal: mán, senón.. Voume por eiquí embaixo/ pillando moscas cun pondón/ e veu meu pai a correr/ e deume cun terrón nas costas Xaquín Lorenzo Fernández, 163. O pondón, ou pendón, é a flor masculina do millo..

Notas

Véxase tamén Bibliografía ANÓNIMO: Saudade. Verba Galega nas Américas, México 1942-1953. Ed. facsímile do Centro do Ramón Piñeiro 2008. BOUZA BREY, Fermín: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II]. Fermín Bouza-Brey (colector): "Literatura popular da parroquia de Paradela, concello da Estrada, na terra da Ulla", en "Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza", en Nós. CASAS, Álvaro das (colector): "Pra un canzoneiro de Noia", en "Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza", en Nós 1931. CRESPO POZO, José Santiago: Nueva contribución a un vocabulario castellano-gallego con indicación de fuentes e inclusión del gallego literario (galaico-portugués). 1 (La Región, Orense 1972); 2,3,4 (Ed. do Castro, Sada, 1979/1982/1985). LEMA BOUZAS, Lino (compilador): Ditos e cantigas mariñeiras. I Encontro de embarcacións tradicionais, Galicia 1993. LORENZO FERNÁNDEZ, Xaquín: Cantigueiro popular da Limia Baixa, Galaxia, Vigo 1973. PEREDA ÁLVAREZ, José María: "Aportaciones léxicas y folklóricas al estudio de la lengua gallega", en Douro Litoral 1953, 5ª série, VII-VIII, pp. 19-52. REAL ACADEMIA GALEGA: Diccionario gallego-castellano, 1913-1928. RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, Vigo 1958-1961. RUBINOS CONDE, Miguel: "Da roda para a piola: refráns e frases do sur de Galicia", en Cadernos de Fraseoloxía Galega 15, 2013, 487-502. SOTO ARIAS, Mª Rosario: "Notas para un estudo dos refráns haxiocronolóxicos", en Cadernos de Fraseoloxía Galega'' 15, 2013, 347-370.

Outros artigos Millo Malla, malladoira, mallo, seitura

millo Categoría:Millo