Santalla de Piquín é unha parroquia do concello lugués da Ribeira de Piquín na comarca de Meira. No ano 2007 tiña 259 habitantes (130 homes e 129 mulleres) distribuídos en 20 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 67 habitantes en relación ao ano 2000.

Historia Nos inicios do reinado de Afonso IX, Urraca Gómez, irmá do conde Gómez de Trastámara, arrepentíndose de quebrantar a xurisdición do coto do mosteiro de Meira, ofrécelles en compensación as súas posesións de Santa María de Rostrigos e Santalla de Piquín.

O 19 de novembro de 1184, o rei Fernando II, gran benfeitor do convento de Meira, concédelle o reguengo de Santalla.

O vínculo da casa-torre de Santalla de Piquín foi fundado polo capitán Pedro López Rancaño, sendo sucesores o capitán Pedro López de Rancaño Pita e o almirante da armada naval de Flandres, Bartolomé de Rois Luaces.

Patrimonio A igrexa parroquial de Santalla posúe interesantes retablos de época barroca.

Lugares e parroquias Lugares de Santalla de Piquín

Parroquias da Ribeira de Piquín

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares da Ribeira de Piquín

Categoría:Parroquias da Ribeira de Piquín Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de Santalla