A bandeira de Inglaterra, un dos países que constitúen o Reino Unido, consiste nunha Cruz de San Xurxo vermella nun fundo branco. A súa orixe non foi estabelecida con precisión, mais aparece como símbolo inglés dende a idade media. Foi a bandeira do exército británico e insignia da mariña mercante até 1606. De 1606 até 1801 foi usada pola mariña mercante. Simboloxía A cruz de San Xurxo fai referencia ao santo patrón do país, que, segundo a lenda, salvou unha princesa dun dragón e co seu sangue fixo un sinal de cruz no seu escudo branco.
Non hai consenso a respecto da maneira como se converteu patrón de Inglaterra. O seu nome era coñecido polos ingleses e irlandeses moito antes da conquista normanda, o que leva a crer que os soldados que retornaban das cruzadas influíran bastante na súa popularidade. Está acreditado que o santo xa fora escollido coma padroeiro do reino cando o rei Eduardo III fundou a Orde dos Cabaleiros de San Xurxo, no 1348. No 1415, a data da súa conmemoración tornouse unha das festividades máis importantes do país.
Incorporación á Bandeira Británica A "Bandeira de San Xurxo" é unha das bandeiras que constitúen a bandeira do Reino Unido, representando a Inglaterra e Gales, xuntamente coa "Bandeira de Santo André", representando a Escocia e a "Bandeira de San Patricio", representando a Irlanda.
centro|400px
Fóra de Inglaterra Debido ao espallamento do Imperio Británico a bandeira de Inglaterra é e foi utilizada como parte de bandeiras e escudos de diferentes países e rexións, así como de diversas organizacións.
Canadá
Illas da Canle
Outros lugares
Véxase tamén
Outros artigos Escudo de Inglaterra
Ligazóns externas
Categoría:Símbolos de Inglaterra Categoría:Bandeiras do Reino Unido Categoría:Bandeiras con cruces