Santa María Madanela da Proba de Burón é unha parroquia do concello lugués da Fonsagrada, na comarca homónima, situada a 3 km da capital municipal. Tiña 105 habitantes en 2018, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, 54 homes e 51 mulleres distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 7 habitantes respecto ao ano 2016, cando tiña 112 habitantes, e 42 menos ca en 2000. Entre os núcleos de poboación destaca O Chao, onde se atopa a igrexa parroquial.
No eclesiástico, ata 1954 formou parte do arciprestado de Burón, dentro da arquidiocese de Oviedo. Dende entón, pertence á diocese de Lugo.
Economía A gandaría é un dos principais traballos que desempeñan os habitantes da parroquia.
Historia miniatura|esquerda|Vista xeral sobre a torre do castelo de Altamira. A Proba de Burón foi dende a Idade Media capital do concello chamado Terras de Burón, que incluía os actuais municipios da Fonsagrada e de Negueira de Muñiz, e mais algunhas aldeas de Asturias.
A mediados do século XV este territorio estaba en poder da casa de Trastámara, na figura de Pedro Álvarez Osorio, I conde de Trastámara a título hereditario. A carón do ano 1458 a súa muller, Inés de Guzmán, vende os dereitos administrativos e tributarios a Pedro Osorio de Villalobos, capitán irmandiño. Este casa con Urraca de Moscoso, pertencente á liñaxe de Altamira.
Os veciños de Burón preitearon contra dona Urraca ao consideraren que lles gravaba demasiados impostos. A Real Chancelaría de Valladolid ditaría en 1490 a sentenza de que tiñan que pagar 12 000 marabedís anuais, facer servizos un día ao ano na fortaleza da Proba de Burón, acudir á guerra cando foren solicitados e diversas doazóns de gando. Esta sentenza foi confirmada polos Reis Católicos nunha carta executoria. Por medio deste preito, dona Urraca tratou de resarcirse dos efectos da rebelión irmandiña (1467-1469), na que participaran uns 10 000 homes de Burón e de Navia ao mando do seu home Pedro Osorio de Villalobos e que destruíran a fortaleza que logo tiveron que reedificar.
No ano 1490 chegaron a estas terras as familias Montenegro e Páramo.
Testemuñas e investigacións miniatura|A Proba de Burón co río da Proba en primeiro plano. O historiador Amor Meilán considera que de ser verdade a afirmación dalgúns eruditos verbo da participación de Juan Osorio, señor de Burón, en Covadonga a son de Paio de Asturias, esa sería a primeira referencia histórica sobre o municipio actual.
Segundo García de la Riega, na antiga comarca de Burón residiu o pobo dos abólgicos durante a época da cultura castrexa.
Lugares e parroquias Lugares da Proba de Burón
Parroquias da Fonsagrada
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares da Fonsagrada
Categoría:Parroquias da Fonsagrada Categoría:Localidades do Camiño Primitivo Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María Madanela