Dionisia López Amado, nada en Cedeira en febreiro de 1928 e finada o 29 de novembro de 2008 en Buenos Aires, foi unha activista política galega, membro do grupo de Nais de Praza de Maio.
Traxectoria política Dionisia López Amado emigrou a Arxentina en 1952 canda o seu home e mais o seu fillo, naquela altura de cinco meses. O fillo, Antonio Adolfo Díaz López, fotógrafo, e mais a súa nora, enfermeira, eran militantes do Partido Revolucionario de los Trabajadores e foron presuntamente secuestrados durante a guerra sucia arxentina, o 15 de maio de 1976, e permaneceron desaparecidos ata a actualidade.
A finais dos anos setenta, Dionisia López pasou a integrar o colectivo de Nais de Praza de Maio, que reivindicaba información sobre o estado e situación dos asasinados e desaparecidos na Arxentina. Posteriormente fundou a Comisión de Familiares de Desaparecidos Españois, e era a presidenta da Comisión por la Memoria, la Verdad y la Justicia de Zona Norte, unha plataforma de reivindicación histórica do distrito de TigreEl BNG lamenta la muerte de la gallega Dionisia López Amado, madre de Plaza de Mayo , El Correo Gallego, 30/11/2008, localidade onde vivía.
Vida persoal Faleceu a causa dunha peritoniteFoise Dionisia López Amado, a Nai da Praza de Maio galega, Vieiros, 30/11/2008.
Galardóns Distinción Rosalía, entregada polo colectivo Herbas de prata, 2007Galegas no Día Internacional da Muller, Web de Herbas de prata, 30/11/2007.
Notas
Categoría:Nais de Praza de Maio Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Nados en Cedeira Categoría:Nados en 1928 Categoría:Finados en 2008 Categoría:Finados por peritonite