miniatura|Cartel de recrutamento na primeira guerra mundial con John Bull, personaxe creado por John Arbuthnot.

John Arbuthnot, nado en Kincardineshire e bautizado o 29 de abril de 1667 e finado o 27 de febreiro de 1735, foi un médico e escritor escocés do Clan Arbuthnott.

Traxectoria Foi fillo dun pastor episcopaliano. En 1685 graduouse en artes, e en 1691, despois da morte do seu pai, marchou a Londres. Estudou na Universidade de Oxford e licenciouse como médico na Universidade de St. Andrews, en Escocia. Por volta de 1700 publica Essay on the usefulness of mathematical learning.

En 1705 foi nomeado médico da raíña Ana. Arbuthnot foi un dos membros fundadores do Club Scriblerus xunto con Jonathan Swift e Alexander Pope. Coñécese sobre todo polo seu personaxe de John Bull (1712), consagrado despois como a representación do inglés típico.

Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Escritores de Escocia Categoría:Membros da Royal Society Categoría:Nados en 1667 Categoría:Finados en 1735