Xosé Manuel Torres Cannas, chamado Xosé Cannas, nado en Vigo en 1973, é un restaurador e cociñeiro galego.
Traxectoria En 1988 entra a estudar na Escola de Hostalaría en Vigo, e comeza a traballar nos veráns nun restaurante no Canadá, propiedade duns amigos da familiaLa estrella me da respeto, no miedo, La Voz de Galicia, 30/11/2008. De regreso a Galicia, e co seu irmán Xoán que é sommelier, abren a principios do século XXI un restaurante en Sanxenxo, que chaman Pepe Vieira en lembranza do seu avó.
En 2003 é un dos nove cociñeiros fundadores do Grupo Nove, un colectivo de cociñeiros creativos galegos. A finais de 2007 el e mailo irmán, mudan o restaurante a unha nova localización, en Poio. En 2008 o seu restaurante recibe unha estrela Michelin, e dous soles na guía RepsolSoles de decembro , Colineta, 5/12/2008.
Obras El área de cocina. Conceptos básicos (Editorial Ideas Propias).
Vida persoal Está casado e ten dous fillos.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Web do restaurante Pepe Vieira
Categoría:Cociñeiros de Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1973 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes