Refraneiro A muller moza e viuda, soila pouco dura Eladio Rodríguez González, s. v. muller.. A muller que se queda viuda e volve casar, unha débeda colle co demo e ela ten que pagar. A muller viuda non ten quen a sacuda . A pena da muller morta, chega hastra a porta Eladio Rodríguez González, s. v. pena.. A viuva honrada ten a súa porta pechada. Á viuda o diaño que a sacuda. A viuda que moito chora ten gana doutra voda. Como Xan de Outeiro, que estivo tres días viúdo e durmiu dúas noites coa criada. De viuda tres veces casada non fíes nada. En caso de duda, a muller á viuda. Filla deshonrada, nin viuda nin casada Eladio Rodríguez González, s. v. fillo.. Fillo de viuda, ou mal criado, ou mal vezado . Home viúvo, cabalo picado. Mentras a viuva chora outros cantan na voda. Muller moza e viuda, pouco dura, porque se deixa comer de madura . O pranto da muller morta, non pasa da porta . O que ten moitas mulleres nunca enviuva. Viuda que non dorme, casar quer. Viuda rica, casada fica. Viuda rica, cun ollo chora e co outro repinica.
Cantigueiro A rula disque é viuda,/ nunca pensa ser casada,/ nin pousar en pola verde/ nin beber en auga clara. Eu caseime por dúas veces,/ agora xa estou viudo; / cásate conmigo, nena,/ porque solo non aturo Xaquín Lorenzo Fernández, 80. No orixinal: duas.. Eu caseime unha vez,/ agora volvo a casare/ e casarei a terceira/ se é que chego a enviudare Xaquín Lorenzo Fernández, 80.. Meniña, tu non te cases/ con home que enviudou,/ que xempre che está decendo:/ Muller que Dios me levou! Xaquín Lorenzo Fernández, 96.. Os solteiros valen ouro/ i os casados valen prata,/ os viudos calderilla/ i os vellos folla de lata Xaquín Lorenzo Fernández, 126.. Que contente estaba eu/ o día que me casei,/ mais aínda o estou máis/ desque viuda quedei Xaquín Lorenzo Fernández, 136. No orixinal: estóu, quedéi..
Adiviñas San Luís ten na frente,/san Miguel ten atrás,/as doncelas ten no medio,/as viúvas non ten máis Gárfer e Fernández; no orixinal: meio, mais. Solución: a letra L..
Notas
Véxase tamén Bibliografía GÁRFER, J.L. e FERNÁNDEZ, C.: Adivinancero popular gallego. Taurus Ed., Madrid 1984. LORENZO FERNÁNDEZ, Xaquín: Cantigueiro popular da Limia Baixa, Galaxia, Vigo 1973. RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, Vigo 1958-1961.
viuvez