thumb|Serafín Martínez Acevedo á dereita, cun fan Serafín Martínez Acevedo, nado no Rosal o 14 de febreiro de 1984, é un ciclista galego, profesional dende o ano 2004. Traxectoria Antes de ser profesional conseguiu o 3º posto no Campionato de España de ciclocross, en categoría pre-xuvenil no 2000; e 3º no Campionato de España de ciclismo en ruta sub-23. Na Vuelta a España 2007 liderou a clasificación da montaña durante 11 días. Na edición de 2009, que rematou en 39ª posición, logrou a vitoria xeral do Maillot Solidario, amais de contribuír á vitoria por equipos do Xacobeo Galicia.
Equipos Karpin Galicia 2007 Xacobeo Galicia 2008-10.
Véxase tamén Ligazóns externas Entrevista en Yahoo!.com Outros artigos Galegos no Giro de Italia
Categoría:Ciclistas de Galicia Categoría:Nados no Rosal Categoría:Nados en 1984