O peroné ou fíbulaDicionario Ir Indo é un óso longo da parte externa da perna. Posúe unha epífise proximal, diáfise e epífise distal.
Estrutura e insercións musculares Epífise proximal: posúe unha apófise ósea e unha superficie articular pequena. Presta inserción ó músculo bíceps crural e o ligamento lateral externo do xeonllo na apófise; e ó músculo sóleo e peroneo lateral longo nesa superficie. Diáfise: tres superficies e tres bordos. Superficie posterior: insírese o sóleo no terzo superior, o tibial posterior e os flexores dos dedos comúns e I dedo no terzo medio. No terzo inferior achamos os músculos peroneos laterais longo e curto, que só pasan por aquí, non se insiren Superficie interna: hai febras de inserción do tibial anterior. Superficie externa: insírense os peroneos laterais longo e curto. Bordo anterior: moi afiado, sen insercións importantes. Bordo interno: permite a inserción do ligamento interóseo. Bordo externo: permite a inserción do tabique osteofibrótico externo. Epífise distal: o peroné remata no maléolo peroneo, que se artellará co astrágalo. Este maléolo permite a inserción do ligamento lateral externo do nocello.
Articulacións do peroné Articulacións tibio-peroneas Nocello
Notas
Categoría:Esqueleto