Grobas é un lugar da parroquia de San Mamede de Millerada, no concello de Forcarei, na comarca de Tabeirós - Terra de Montes, na provincia de Pontevedra. Está deshabitado desde 1960.

Características

Localízase nas proximidades do río Grobas a 600 metros de altitude na Serra do Candán nunha depresión entre o monte do Coco e o alto de San Bieito. Malia a súa localización nunha zona agreste a súa poboación mantiña un nivel de vida superior ás outras aldeas da comarca grazas á venda de carbón de carballo e á explotación do estaño. Lugares e parroquias

Lugares de Millerada

Parroquias de Forcarei

Categoría:Lugares de Forcarei Categoría:Despoboados da provincia de Pontevedra