Constantino Bértolo Cadenas, nado en Navia de Suarna en 1946, é un editor e escritor galego. Asina a súa obra en galego como Tino de Féliz.

Traxectoria Licenciado en Filoloxía Hispánica pola Universidade Complutense de Madrid, Bértolo foi profesor de secundaria en Madrid. Posteriormente Bértolo traballou como xornalista e crítico literario para distintos medios de comunicación e xornais, en particular para El País.

Como editor, foi o director da editorial española Debate entre 1990 e 2003, cando pasou a ser o director de Caballo de Troya, un selo editorial español da multinacional Random House Mondadori.

En 2022 participou en Rosalía en Camiño. Diálogos literarios multilingües, celebrados en Padrón, Santiago e Pontevedra e organizados pola Fundación Rosalía de Castro.

Obras

Galego O gran poema (2020). Santiago: Chan da Pólvora. Asinado como Tino de Féliz. ISBN 9788412222104.

Castelán Nuevas amistades" o el final de la autarquía (1992). Cádiz: Fundación Caballero Bonald. Antología de relatos policíacos (2004). Edelvives, Clásicos juveniles. 365 páxs. ISBN 9788426352453. La cena de los notables, sobre lectura y crítica (2008). Cáceres: Periférica. 256 páxs. ISBN 9788493623272. Lenin, el revolucionario que no sabía demasiado (2012). Ed. de autor. 165 páxs. ISBN 978-84-8319-707-3. Llamando a las puertas de la revolución. Textos de Karl Marx (2017). Penguin Clásicos. 928 páxs. ISBN 9788491053521. Escolma de textos. Literatura republicana, literatura proletaria, literatura revolucionaria (2017). Alacant: Biblioteca americana. ¿Quiénes somos? 55 libros de literatura del siglo XX (2021). Cáceres: Periférica. 192 páxinas. ISBN 978-84-18264-79-5. Una poética editorial (2022). Madrid: Trama. 176 páxs. ISBN 9788418941573.

Obra colectiva

Antología de la joven poesía española de 1966 (1067). Pájaro Cascabel.

Premios IX Premio Xornalístico sobre a Lectura, en 2008. O premio convócao a Fundación Germán Sánchez RuipérezO lucense Constantino Bértolo, premiado por unha reflexión sobre a lectura, El Progreso, 7/12/2008

Notas

Categoría:Críticos literarios de Galicia Categoría:Editores de Galicia Categoría:Nados en Navia de Suarna Categoría:Nados en 1946 Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega