O Himne de l'Exposició (Himno da Exposición) é o himno oficial de País Valenciano. É obra do mestre Josep Serrano Simeon, coa letra de Maximilià Thous, encargada expresamente para a Exposición Regional de 1909. En 1925 foi declarado "himno rexional", e en 1984 a Lei de Símbolos vaino facer oficial como himno autonòmico.
A música é unha composición do século XVI, de motivación relixiosa que, pese a non ter letra, interpretábase no día de San Xurxo, patrón do antigo Reino de Valencia, ao cal asistía o rei da Coroa de Aragón. O compositor Josep Serrano integrou esta peza musical en parte do Himno da Exposición Rexional de 1909 de Valencia.
Himno da Exposición Rexional Valenciana de 1909 No 1909 celebrouse a Exposiciò Regional Valenciana. Esta Exposición foi promovida polo seu presidente Tomás Trenor Palavicino, e polo Ateneo Mercantil de Valencia. Trenor encomendou a composición dun himno para a exposición a Josep Serrano Simeón, quen se encargaría da música, mentres que a letra debería realizala Teodor Llorente. A pesar disto, e debido á demora de Teodor Llorente ao crear a letra, Josep Serrano, empezou el só a compoñela seguindo os modelos do poeta Maximilià Thous. O himno resultante recibiu unha boa acollida na "Exposición Rexional Valenciana". Pouco tempo despois, os alcaldes dos concellos de Castelló de la Plana, Valencia e Alacant decidiron que aquel himno se convertese no himno da Rexión de Valencia, e que foi aprobado en maio do 1925. Nun primeiro tempo, o himno de Valencia foi coñecido coma "O Himno da Exposición", debido a que a súa creación foi grazas a este acontecemento.
Declaración como himno oficial O himno foi cantado coa letra orixinal de Maximilià Thous e Orts. Pero a aparición da palabra "España" no primeiro verso suscitou diversas reticencias e discrepancias. O compositor Josep Serrano recoñeceu que dera instrucións expresas a Maximilià Thous para redactar este primeiro verso. Nun artigo do compositor ao diario "La Voz Valenciana" de maio de 1925 manifestaba:
Posteriormente circularon tamén versións nacionalistas, que se asemellaban á de Thous Orts, pero que mudaban algunhas palabras e frases.
Para declaralo himno oficial da comunidade autónoma logo da creación desta na década dos oitenta, o presidente Joan Lerma encargoulle un informe ao compositor valenciano Eduard López-Chávarri Andújar, fillo de Eduard López-Chávarri e MarcoFonte: Eduard López-Chávarri Andújar. Compositores Valencianos del Siglo XX (capítulo adicado a Josep Serrano). Generalitat Valenciana, Col·lecció Música 92. 1992. ISBN 84-7890-985-0. Foi declarado oficial con esta letra que se acompaña en 1984, se ben a lei considera oficiais as dúas versións, en castelán e en valenciano.
Así e todo, distintos sectores da sociedade valenciana seguen a ter reticencias con respecto ao himno, e houbo propostas de himnos alternativos por parte de sectores máis nacionalistas, por exemplo a Muixeranga, unha canción sen letra que naceu nas festas de Algemesí. Posteriormente, o uso e as distintas actualizacións normativas, cambiaron lixeiramente o texto escrito en valenciano (pengen por penjen, tapís por tapiç, estenen por extenen, visca por vixca, signo de distintos acentos, maiúsculas etc.), se ben non se produciu ningunha actualización legal que referendara o seu uso.
O 5 de decembro do 2008 Plácido Domingo gravou o himno xunto coa Orquestra de la Comunitat Valenciana en dúas versións, valenciano e castelán.
Letra Texto oficial
Per a ofrenar noves glòries a Espanya, tots a una veu, germans, vingau. Ja en el taller i en el camp remoregen càntics d'amor, himnes de pau!
Pas a la Regió que avança en marxa triomfal!
Per a Tú la Vega envia la riquessa que atresora, i es la veu de l'aigua càntics d'alegría acordat al ritme de guitarra mora...
Paladins de l'Art t'ofrenen ses victories gegantines; i als teus peus, Sultana, tons jardins extenen un tapiç de murta i de roses fines.
Brinden fruites daurades els paradisos de les riberes; penjen les arracades baix les arracades de les palmeres...
Sona la veu amada i en potentíssim vibrant ressó, notes de nostra albada canten les glòries de la Regió.
Valencians, en peu alcem-se. Que nostra veu la llum salude d'un sol novell.
Per a ofrenar noves glòries a Espanya, tots a una veu, germans, vingau. Ja en el taller i en el camp remoregen càntics d'amor, himnes de pau!
Flamege en l'aire nóstra Senyera! Glòria a la Patria! Visca Valencia! Visca! Visca!! Visca!!!Para ofrecer novas glorias a España todos a unha voz, irmáns, vide. Xa no taller e no campo óuvense cantos de amor, himnos de paz!
Paso á Rexión que avanza con marcha triunfal!
Para ti a veiga envía a riqueza que atesoura e é a voz da auga cantos de alegría ao compás e ao ritmo de guitarra moura.
Paladíns da arte ofrécenche as súas grandes vitorias; e aos teus pés, sultana, os teus xardíns estenden un tapiz de mirto e de rosas finas.
Ofrecen froitas douradas os paraísos das ribeiras; colgan os pendentes baixo as arcadas das palmeiras.
Soa a voz amada e en potentísimo, vibrante eco, notas do noso amencer cantan as glorias da Rexión.
Valencianos en pé levantémonos. Que a nosa voz a luz saúde dun novo sol.
Para ofrecer novas glorias a España todos a unha voz, irmáns, vide. Xa no taller e no campo óuvense cantos de amor, himnos de paz!
Ondea no aire a nosa "Senyera"! Gloria á Patria! Viva Valencia! Viva! Viva!! Viva!!!
Notas
Valencia, Himno de Categoría:Símbolos do País Valenciano