Harry S. Truman, nado en Lamar (Missouri) o 8 de maio de 1884 e finado en Kansas City o 26 de xaneiro de 1972, foi presidente dos Estados Unidos polo Partido Demócrata dende 1945 ata 1953.

Traxectoria esquerda|miniatura|140x140px|Harry S. Truman no anverso dun dólar presidencial de 2015.

As estatísticas mostran que Truman é o "presidente do século", pola súa aceptación, popularidade entre a clase media americana e o bo recordo que deixou o seu mandato. Chegou a presidente por ser o vicepresidente de Franklin Roosevelt, que morreu no exercicio do cargo. No verán de 1945 aprobou o emprego de armas atómicas contra o Xapón en dúas ocasións (en Hiroshima e Nagasaki) dando fin á segunda guerra mundial. Durante o seu mandato tivo lugar a guerra de Corea, antesala da longa loita que terían os EUA contra o comunismo no curso da guerra fría. Sucedeuno o heroe de guerra Dwight D. Eisenhower, que fora Comandante Supremo do Exército Aliado en Europa.

Véxase tamén

Ligazóns externas Museo e biblioteca do Presidente Truman

Categoría:Nados en 1884 Categoría:Finados en 1972 Categoría:Nados en Missouri Categoría:Presidentes dos Estados Unidos de América Categoría:Estadounidenses de ascendencia córnica Categoría:Estadounidenses de ascendencia irlandesa Categoría:Estadounidenses de ascendencia escocesa