Getúlio Dornelles Vargas, nado en São Borja, Río Grande do Sur, o 19 de abril de 1882 e finado en Río de Xaneiro o 24 de agosto de 1954, foi un político brasileiro, líder civil da Revolución de 1930, que puxo fin á República Vella depondo seu 13º e derradeiro presidente Washington Luís.
Traxectoria Getúlio Vargas foi por dúas veces presidente da república. Na primeira vez, de 1930 a 1945, goberno o Brasil en tres fases distintas: de 1930 a 1934, no goberno provisório; de 1934 a 1937, o goberno constitucional, electo polo Congreso Nacional e de 1937 a 1945, no Estado Novo. Na segunda vez, de 1951 a 1954, goberno o Brasil como presidente electo por voto directo.
Getúlio era chamado polos simpatizantes "pai dos pobres" (título tirado do libro de Xob 29,16), e, por persoas próximas, de "Doutor Getúlio". A súa doutrina e o seu estilo político foron denominado de getulismo ou varguismo. Os seus seguidores, ata hoxe existentes, son denominado getulistas.
Suicidouse, en 1954, cun tiro no corazón, no seu cuarto, no Palacio do Catete, na cidade do Río de Xaneiro, entón capital federal. Getúlio Vargas foi o máis controvertido político brasileiro do século XX. A súa influencia chega ata hoxe. A súa herdanza política é invocada por polo menos dous partidos políticos actuais: o Partido Democrático Traballista (PDT) e o Partido Traballista Brasileiro (PTB).
Véxase tamén
Getúlio
Vargas Categoría:Nados no estado do Río Grande do Sur Categoría:Nados en 1882 Categoría:Finados en 1954 Categoría:Suicidios en 1954 Categoría:Suicidas do Brasil Categoría:Membros da Academia Brasileira de Letras Categoría:Brasileiros de ascendencia portuguesa Categoría:Finados por arma de fogo