Thomas Lovell Beddoes, nado o 30 de xuño de 1803 e finado o 26 de xaneiro de 1849, foi un poeta e dramaturgo inglés.

Traxectoria Naceu en Clifton, Somerset, seu pai era o médico Thomas Beddoes, amigo de Samuel Taylor Coleridge e súa nai Anna, irmá de Maria Edgeworth. Educouse en Charterhouse e no Pembroke College, Oxford. A súa primeira publicación foi, en 1821 The Improvisatore, á que lle seguiu The Bride's Tragedy (1822), un drama en verso branco.

A obra de Beddoes mostra unha constante preocupación pola morte, en 1824 foi a Göttingen para estudar medicina coa esperanza de descubrir evidencias físicas de que o espírito humano sobrevivía á morte do corpo.Donner, 1950, pp. xxxvi-xxxvii. Expulsado marchou a Würzburg para rematar os seus estudos pero debido ó seu envolvemento con grupos radicais foi deportado a Baviera en 1833 e despois Zürich, onde se establecera en 1840. Durante uns anos levou unha vida itinerante por Europa, en 1846 volveu a Inglaterra pero de novo volveu marchar, residiu en Alemaña e acabou suicidándose en Basilea. O drama macabro Death's Jest Book publicouse en 1850 cun limiar do seu amigo, T. F. Kelsall. Os seus Collected Poems publicáronse en 1851.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Donner, H.W., ed. (1950). Plays and Poems of Thomas Lovell Beddoes. Londres: Routledge and Kegan Paul Ltd. A Short Biographical Dictionary of English Literature Ligazóns externas The Literary Gothic The Literary Encyclopedia

Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Suicidas do Reino Unido Categoría:Nados en 1803 Categoría:Finados en 1849 Categoría:Suicidios na década de 1840 Categoría:Finados por envelenamento Categoría:Nados en Bristol