Épsilon é a quinta letra do alfabeto grego (ἔ ψιλόν); equivale ao /e/, vogal breve. Represéntase en minúscula como ε e en maiúscula como Ε. Adoita transcribirse como e.

O seu nome provén do da quinta letra do alfabeto fenicio hē, onde representaba o son /h/, laringal fricativa xorda, inexistente en grego: foi, pois, reutilizado para a notación dunha vocal, sons para os que os fenicios carecían de letra. Como signo numérico representaba o cinco. En maiúscula serve tamén para designar o quinto canto da Ilíada de Homero e en minúscula o quinto da Odisea.

Notas

Véxase tamén Outros artigos E ɛ, épsilon latino

Categoría:Letras gregas