Os premios Chano Piñeiro foron uns galardóns do audiovisual que concedeu a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Presidencia, entre 2006 e 2009. Levaban o nome de Chano Piñeiro, cineasta falecido en 1995. Non están relacionados cos premios Chano Piñeiro entregados en 2002 e que na actualidade se coñecen como premios Mestre Mateo. Os gañadores déronse a coñecer tradicionalmente en Forcarei, lugar natal de Chano Piñeiro.
Edicións 2006 Os premiados neste ano foron:
Alejandro Amenábar e José Luís Cuerda, ex-aequo. Chano Piñeiro, premio de honra, que foi recollido pola súa viúva, Mari Luz Montes.
2007 Os premiados neste ano foron:
José Doval García, actor. Jaime de Armiñán, director.
2008 Os premiados neste ano foron: Antonio Durán, Morris Eduardo Blanco Jorge Coscia, premio de honra. Tacholas, premio de honra.
2009 Os premiados neste ano foron: Xavier Villaverde María Bouzas Carlos Velo, póstumo José Luis Cabo, póstumo
Notas
Chano Piñeiro