O bíceps crural ou femoral é un músculo do membro inferior humano. Insírese superiormente no coxal, pasa pola coxa e chega á perna. O seu nome débese a que está formado por dúas porcións, unha longa e unha curta.

Insercións superiores Da porción longa: insírese no bordo inferior da pube. Da porción curta: insírese no intersticio entre os dous beizos do bordo posterior da diáfise femoral.

Insercións inferiores As dúas porcións únense na metade inferior da diáfise femoral nun único tendón, que se insire na epífise proximal do peroné.

Innervación e vascularización Innervación: é innervado polo nervio ciático maior. Vascularización: é innervado pola arteria femoral fonda.

Relacións importantes

Forma parte do límite superior do oco poplíteo.

Funcións

Na articulación coxo-femoral: é un extensor desta articulación.

No xeonllo: é un flexor da perna sobre a coxa, e tamén un rotador externo desta articulación.

Notas

Véxase tamén

Mioloxía

Categoría:Musculatura