Jari Puikkonen, nado o 25 de xuño de 1959 en Lahti, é un antigo saltador de esquí finés.

Traxectoria Puikkonen fixo o seu début internacional no Torneo dos Catro Trampolíns en Oberstdorf o 30 de decembro de 1977. Nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1980 gañou unha medalla de bronce en salto longo. Gañou o Campionato do Mundo de Salto de Esquí en Oberstdorf e a súa primeira Copa do Mundo en Innsbruck en 1981, e ese ano rematou terceiro no Torneo dos Catro Trampolíns e gañou outras tres vitorias en salto de esquí na Copa do Mundo, finalizando cinco no total da competición. Nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1984 volveu gañar outra medalla de bronce pero en salto normal, nos de 1988 conseguiu a medalla de ouro en salto longo por equipos.

Non obstante os seus maiores éxitos conseguiunos nos Campionatos do Mundo de Esquí Nórdico, gañando sete medallas, catro ouros, salto individual longo 1989, salto longo por equipos: 1984, 1985, 1989), dúas pratas, salto normal: 1982, salto longo: 1985 e un broce, salto longo por equipos: 1982). Retirouse da competición en 1991.

Categoría:Saltadores de esquí olímpicos de Finlandia Categoría:Nados en 1959 Categoría:Nados en Lahti Categoría:Saltadores de esquí nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1980 Categoría:Saltadores de esquí nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1984 Categoría:Saltadores de esquí nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1988 Categoría:Medallistas olímpicos en salto de esquí Categoría:Medallistas olímpicos de ouro por Finlandia Categoría:Medallistas olímpicos de prata por Finlandia Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1980 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1984 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1988