Manuel Parrado Carral, nado en San Román (Santiso) o 29 de setembro de 1946, é un bispo católico galego.

Traxectoria En 1957 a súa familia emigra ao Brasil e establécese en São Caetano do Sul. Alí inicia os estudos sacerdotais e ordénano crego católico en 1972. O 3 de xaneiro de 2001 é nomeado bispo auxiliar da diocese de São Paulo. Por uns meses, entre 2006 e 2007 ocúpase dos asuntos económicos da diocese, e o 9 de xaneiro de 2008 é nomeado bispo, neste caso titular, da diocese de São Miguel Paulista, tamén na provincia eclesiástica de São Paulo.

Categoría:Bispos católicos de Galicia Categoría:Galegos do Brasil Categoría:Nados en Santiso Categoría:Nados en 1946 Categoría:Bispos católicos do Brasil Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes