Begoña Fernández Molinos, nada en Vigo o 22 de marzo de 1980,Imparable Begoña Fernández, La Voz de Galicia, 30 de decembro de 2009 . é unha xogadora de balonmán galega, que xoga na posición de pivote.

Traxectoria Despois de comezar xogando ao balonmán no Balonmán Ría de Vigo e no Balonmán O Porriño, ficha polo Milar l'Eliana de València en 1998. En 2002 pasa a xogar na SD Itxako de Lizarra, co que consegue ser subcampioa da copa da EHF. En 2005 marcha ao Elda Prestigio de Elda e en 2008 volta ao club navarro do Itxako.

Internacionalmente, representou a España en diversas ocasións, e en 2008 obtivo a medalla de prata nos campionatos de Europa, onde ademais foi escollida mellor pivote do campionato«É unha gran recompensa tras abandonar Galicia moi nova», entrevista en La Voz de Galicia, 14 de decembro de 2008..

En 2012 participou nos Xogos Olímpicos de Verán coa selección feminina de España, clasificándose para semifinais, onde foron derrotadas por Montenegro, aínda que conseguirían a medalla de bronce, ao imporse ao conxunto de Corea do Sur por 29-31 no partido polo terceiro postoResultados oficiais da competición de balonmán feminino. Páxina web oficial dos Xogos Olímpicos de 2012. ..

Recoñecementos En 2013 recibiu o Premio á "Mellor deportista" da Asociación de Mulleres Deportistas Galegas (MUDEGA) no marco da II Gala do Deporte Feminino Galego.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Galegos nos Xogos Olímpicos de 2012

Categoría:Xogadores de balonmán olímpicos de Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Medallistas olímpicos de Galicia Categoría:Nados en 1980 Categoría:Medallistas olímpicos de bronce por España Categoría:Medallistas olímpicos en balonmán Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2012 Categoría:Xogadores de balonmán nos Xogos Olímpicos de 2012