Monteferro é un lugar da parroquia de Panxón, no concello de Nigrán.

Descrición Permite unha visión dende a costa da paisaxe do interior do concello e do litoral da praia de Area Loura (praia América) e a praia de Patos, así como de Baiona e as illas Estelas, dende a súa península.

Ademais da beleza do seu arboredo e as súas vistas, Monteferro destaca polo seu rico patrimonio histórico. Na ladeira noroeste descubriuse en 1993 un depósito arqueolóxico de restos romanos con muros de lousa, un sistema de canalización de augas así como numerosas pezas de cerámica. No seu cumio está o monumento á mariña universal, erixido en 1913 por subscrición popular. Polo camiño que discorre cara ó lado norte do acceso ó faro atópase unha parede utilizada para facer escalada.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Panxón

Parroquias de Nigrán

Notas

Véxase tamén Bibliografía BRAVO PINTOS, MINIA e outros, Monteferro, Aula de renovación urbana e rehabilitación, USC, 60 pax., xuño de 2009 .

Categoría:Lugares de Nigrán Categoría:Penínsulas de Galicia