Manderlay é a segunda película da triloxía USA - Land of Opportunities, do director danés Lars von Trier. Nela trátase de profundar sobre as raíces do racismo.
Sinopse A acción arranca poucos días despois do final de Dogville. Grace (desta vez interpretada por Bryce Dallas Howard en vez de por Nicole Kidman), viaxa a Alabama, no sur dos Estados Unidos, onde atopa unha plantación de algodón, Manderlay, onde aínda rexe a escravitude. Grace consegue liberar os escravos, e decide quedar para estabelecer unha comunidade democrática con moi malos resultados.
Logo de comprobar as condicións de traballo na plantación, abandona o seu pai, gángster, para tomar o control da mesma, abolindo a situación escravista e "castigando" aos antigos opresores. Antes de morrer, a ama da plantación entrégalle un libro, o libro da Ama, no que se explican as normas que os escravos deben cumprir.
Cerca do final da película explícase que esa comunidade seguía vivindo neses termos por propia vontade, e que ese mesmo libro fora redactado polos membros da plantación, libres e escravos.
Tras decatarse, Grace é obrigada, polos propios escravos de Manderlay, a tomar o control volvendo a oprimilos, tralo que decidindo escapar.
Análise Ao igual que a súa predecesora Dogville, esta rodada sen apenas decorado, usando sinxelamente aqueles obxectos imprescindibles para o argumento e substituíndo paredes e portas por marcas no chan similares ás de xiz nunha lousa.
Críticas A fita foi criticada principalmente polo feito de que na gravación asasinouse a un asno. Se ben a escena foi finalmente eliminada debido ás críticas, von Trier seguiu defendendo que importa máis a liberdade de expresión das persoas que a vida ou morte dun animal, algo que desgustou a moita xente.
Curiosamente, o movemento Dogma 95, do que é fundador, di nun dos seus mandamentos que non se pode incluír mortos (se ben esta película non está enmarcada dentro de dito movemento).
Categoría:Filmes de 2005 Categoría:Filmes de Dinamarca Categoría:Filmes sobre temas raciais Categoría:Filmes dirixidos por Lars von Trier Categoría:Filmes rodados en Suecia Categoría:Filmes rodados en Dinamarca Categoría:Filmes sobre a escravitude nos Estados Unidos de América Categoría:Filmes ambientados en 1933