"Fantastic" é o single número 22 da cantante xaponesa Ami Suzuki, lanzado o 8 de febreiro do ano 2006 baixo o selo avex trax e producido por Max Matsuura.

Información

Tralo fracaso do single de baladas anterior, con este single volveuse o xénero trance dos anteriores traballos de Ami Suzuki baixo avex, principalmente debido os arranxos de Ken Harada, quen tamén compuxo a instrumentación para "Around the World". A canción é a primeira da cantante que foi utilizada nun anime, en concreto, esta canción usaríase na adaptación do coñecido manga chamado Black Jack, o que tivo bastante audiencia no Xapón. Esperábase acaparar a atención dos fans do xénero da animación xaponesa. Aínda que o single debutou con mellores vendas que "Negaigoto", non se pode comparar co éxito que tiveron por exemplo "Delightful" e "Eventful".

Lista de temas

CD (Edición Normal)

# Título 1. "Fantastic" 2. 3. "Fantastic" (Instrumental) 4.

DVD

# Título 1. "Fantastic" (Music clip)

CD (Edición Limitada)

# Título 1. "Fantastic" 2. "Fantastic" (Instrumental)

Posición nas listas

LanzamentoListaMáxima posiciónVendas na primeira semanaVendas totaisSemanas8 de febreiro de 2006Oricon Daily Singles Chart#88 de febreiro de 2006Oricon Weekly Singles Chart#1414,16720,21358 de febreiro de 2006Oricon Monthly Singles Chart8 de febreiro de 2006Oricon Yearly Singles Chart

Ligazóns externas

"Fantastic" information en Oricon.

Categoría:Sinxelos de 2006